Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    16 de setembro de 2022

    A nova tempada da serie de pezas audiovisuais O Seminario de Onomástica responde servirá para seguir divulgando o valor da toponimia como patrimonio inmaterial e explicar o significado e a historia dalgúns dos topónimos de Galicia.

    Fonte: Real Academia Galega

    15 de setembro de 2022

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou en Ourense na inauguración da mostra itinerante «Compromiso na distancia» sobre a figura do homenaxeado nas Letras Galegas 2022 Florencio Delgado Gurriarán.

    Fonte: Xunta de Galicia

    15 de setembro de 2022

    A Secretaría Xeral de Política Lingüística convoca as probas para a obtención dos certificados de coñecemento da lingua galega Celga 2, Celga 3 e Celga 4, que terán lugar na segunda quincena de novembro e, de ser o caso, na primeira de decembro de 2022.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    15 de setembro de 2022

    O Goberno vasco deu a coñecer o primeiro borrador da reforma da lei educativa, cuxa gran modificación é a eliminación dos modelos lingüísticos actuais que se cambiarán por un novo sistema no que o éuscaro constitúa o eixe central, pero no que se fixan uns coñecementos mínimos dos dous idiomas oficiais e a obrigatoriedade de impartir, como mínimo, unha terceira lingua.

    15 de setembro de 2022

    O Museo da Cidade de Valencia acolle a presentación da nova edición do Diccionari de lingüística, unha versión revisada e actualizada desta obra elaborada a comezos dos anos 90 do século XX.  

    Fonte: La Vanguardia

    15 de setembro de 2022

    Ofrecerá cursos de galego dende o nivel de iniciación ata o avanzado, así como de linguaxe administrativa e xurídica, de mellora da calidade lingüística, de corrección da escrita coas TIC ou de corrección de erros frecuentes para darlles resposta ás necesidades de toda a comunidade universitaria.

    15 de setembro de 2022

    O secretario xeral de política Lingüística, Valentín García, participou na presentación do proxecto didáctico musical De aquí para alá, creado pola pedagoga da Linguaxe e a Educación Musical Lydia Botana.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    14 de setembro de 2022

    A Amazonia brasileira viu desaparecer no que vai de século XXI un total de 25 linguas indíxenas. A irrupción da televisión e o contacto coa poboación branca seguen sendo dúas claras ameazas para estas linguas.

    Fonte: El País 

    14 de setembro de 2022

    Farroupilha, un municipio brasileiro do estado de Río Grande do Sur, está a punto de aprobar a oficialización do talian, dialecto italiano falado pola comunidade procedente do norte de Italia.

    Fonte: Pioneiro Geral

    14 de setembro de 2022

    O Goberno balear reeditou o material «A l'abast» do que repartirá case 20 000 folletos co obxectivo de facilitarlles un primeiro contacto co catalán a turistas e persoas que acaban de chegar ás illas. Estarán dispoñibles en 14 linguas, as de maior presenza no arquipélago, e complementaranse coa versión oral dos textos en catalán.

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder