Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    19 de setembro de 2022

    O Goberno remitiulle unha carta ao Parlamento Europeo para solicitarlle que permita usar o galego, o catalán e o éuscaro nos plenos e que estas linguas se equiparen ao resto dos idiomas oficiais que empregan as eurodeputadas e eurodeputados.

    Fonte: La Vanguardia

    19 de setembro de 2022

    Grazas a esta colaboración poranse en marcha plans de normalización nas federacións de rugby, ximnasia, ciclismo, pelota e surf. Baixo o lema «Kiroletik, bagoaz euskarara» (desde o deporte, avanzamos no éuscaro) levaranse a cabo diferentes accións, como cursos para adestradoras e adestradores.

    19 de setembro de 2022

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na Cidade da Cultura na presentación da novela galega Dalia, a modista, onde sinalou “a importancia de que a literatura galega se incorpore a unha das tendencia emerxente nestes momentos, como son as novelas e os relatos literarios xurdidos a partir das series televisivas de éxito”.

    16 de setembro de 2022

    A aplicación para móbiles IndyLan permite a aprendizaxe de linguas europeas minorizadas. Entre elas, ademais do galego, atopamos o éuscaro, o gaélico e o saami.

    Fonte: Travel Tomorrow

    16 de setembro de 2022

    Cabo Verde introduce neste novo ano lectivo o ensino da lingua caboverdiana no currículo das escolas. A materia será opcional para o alumnado do décimo ano.

    Fonte: RFI

    16 de setembro de 2022

    A Comunidade Médica de Lingua Portuguesa (CMLP, polas súas siglas en portugués) lanzou na Embaixada de Portugal no Brasil o seu premio literario co fin de promover a interacción entre os profesionais médicos de todos os países lusófonos.

    Fonte: Diplomacia Business

    16 de setembro de 2022

    O intento de conseguir que se admita o aragonés como especialidade conta coa negativa do Ministerio de Educación por non ser unha lingua cooficial e non considerar suficiente que sexa unha modalidade lingüística protexida.

    Fonte: Heraldo

    16 de setembro de 2022

    A Facultade de Veterinaria do Campus de Lugo acollerá a celebración dun torneo de trivial en galego, co obxectivo de favorecer a socialización e a integración do alumnado.

    Fonte: Universidade de Santiago de Compostela

    16 de setembro de 2022

    Linguas nativas en perigo de extinción da India, como o chokri e o kokborok, apóianse na música para subsistir. Grupos musicais escollen estas linguas para as súas cancións e isto favorece a súa difusión e promoción.

    Fonte: Arab News

    16 de setembro de 2022

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e o director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, participaron no Museo do Pobo Galego na inauguración da exposición conmemorativa das Letras Galegas 2022 «Bebedeira de ensoños», dedicada a Florencio Delgado Gurriarán e producida pola Xunta xunto á Editorial Galaxia.

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder