Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    12 de setembro de 2022

    A Universidade de Vigo destina un total de 12 000 euros para estas axudas, que se repartirán cunha contía individual máxima de 600 € no caso das teses de doutoramento e de 150 € no caso dos TFG e TFM.

    Fonte: Universidade de Vigo

    12 de setembro de 2022

    A comunidade educativa xa ten á súa disposición a axenda escolar para o curso 2022-2023, así como calendarios escolares, en formato anual, trimestral e mensual, materiais en lingua galega para axudar a organizar o novo curso.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    12 de setembro de 2022

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na inauguración da xornada «Roberto Vidal Bolaño, fálanos sempre», organizada pola Xunta de Galicia para rememorar a figura deste dramaturgo.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    12 de setembro de 2022

    Un especialista e profesor universitario criticou que Angola siga utilizando o portugués como única lingua do ensino e avoga por introducir as linguas locais como vehículo de instrución.

    Fonte: VOA

    12 de setembro de 2022

    A ministra de Economía de Letonia, Ilze Indriksone, anunciou que o seu ministerio empregará a partir de agora o letón de xeito exclusivo para se comunicar coa súa clientela.

    Fonte: Baltic News Network

    09 de setembro de 2022

    A ministra de Educación de Lituania, Jurgita Siugzdiniene, anunciou que as escolas públicas do país báltico deixarán de ofertar o ruso como segunda lingua estranxeira.

    Fonte: Sada El balad

    09 de setembro de 2022

    O Tribunal de Xustiza da Unión Europea deu o visto e prace a unha lei letoa que obriga as universidades a impartiren as materias unicamente na lingua nacional.

    Fonte: Courthouse News Service

    09 de setembro de 2022

    Ademais, segundo a mesma enquisa, un 35 % dos cataláns que non teñen LinkedIn usaríano se incorporase a lingua catalá, unha porcentaxe que se incrementa ata o 48 % no caso da xente nova.

    Fonte: Plataforma per la Llengua

    09 de setembro de 2022

    Xa está aberto o prazo de matriculación para os cursos de éuscaro dirixidos a nais e pais cunha campaña que ten como lema «Concilia a túa vida co éuscaro».

    Fonte: EITB

    09 de setembro de 2022

    O Servizo de Normalización Lingüística anima a aprender xogando a través dunha serie de pasatempos en galego, con adiviñas, labirintos, sopas de letras... para que a volta ás aulas sexa máis divertida.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder