Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    02 de setembro de 2022

    O partido SINN Féin de Irlanda do Norte recibiu varias propostas para abrir novas escolas de inmersión en gaélico irlandés e duplicar así o número de centros deste tipo.

    Fonte: Belfast media

    02 de setembro de 2022

    Un grupo de científicos brasileiros da Universidade Federal do Ceará elaborou unha aplicación que permite traducir automaticamente textos en nheengatu, a única lingua viva descendente do tupí antigo.

    Fonte: Brasil de Fato

    02 de setembro de 2022

    Destinaranse 2 millóns de euros a subvencións para aumentar o uso e a presenza do éuscaro nos centros de traballo dos sectores privados ao longo do ano 2022.

    02 de setembro de 2022

    EITB prepara unha nova serie en éuscaro, ambientada no mundo do surf, que se estreará en 2023. Estará formada por oito episodios protagonizados, entre outros, por Jon Plazaola, Nerea Mazo, Itziar Atienza, Jon Mendia e Nerea Garmendia.

    Fonte: TVienes

    02 de setembro de 2022

    Este obradoiro de acollemento lingüístico, de 36 horas de duración, está dirixido principalmente a persoas adultas procedentes doutras comunidades lingüísticas. Desenvolverase entre o 21 de setembro e o 14 de decembro de 2022 ao longo de 24 sesións presenciais de hora e media cada unha.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    02 de setembro de 2022

    A Escola Galega de Administración Pública convocou actividades formativas para o persoal ao servizo dos entes instrumentais do sector público autonómico entre as que figura formación de carácter lingüístico relativa á redacción administrativa, normativa do galego estándar, redacción de documentos técnico-xurídicos ou técnicas para falar en público.

    02 de setembro de 2022

    O Instituto Goethe entregou as súas Medallas Goethe 2022 a tres persoas de Exipto, India e Suráfrica co fin de honrar o seu labor na difusión e promoción da lingua alemá no mundo. 

    Fonte: DW

    02 de setembro de 2022

    O municipio mexicano de Hueyapan, no estado de Puebla, decidiu aprobar o ensino obrigatorio da lingua náhuatl nas escolas locais.

    Fonte: El Sol de Cautla

    01 de setembro de 2022

    Segundo a última enquisa Ómnibus, publicada polo Centro de Estudios de Opinión (CEO), existe en Cataluña un amplo apoio á necesidade de reforzar o catalán. Así se desprende das respostas dadas cando se pregunta sobre varias cuestións relacionadas con esta lingua.

    Fonte: El Nacional

    01 de setembro de 2022

    O Goberno de Asturias aprobou os novos currículos de secundaria e bacharelato, nos que se inclúe un incremento das horas da materia de Lingua Asturiana no caso deste último nivel, mentres que diminúen no da ESO.

    Fonte: Astur News

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder