O proxecto «Efficient Syntactic Analysis for Large-scale Sentiment Analysis» (SALSA), dirixido polo investigador Carlos Gómez Rodríguez, recibirá un financiamento de 150 000 euros do Consello Europeo de Investigación (ERC).
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
A iniciativa da lingua galesa da cidade de Swansea revelou un proxecto que fomentará a organización de eventos musicais en galés nesta localidade galesa nos próximos dous anos.
Fonte: Nation Cymru
O concurso de microrrelatos en éuscaro «Iruñea Bihotzean» (Pamplona do meu querer) pretende impulsar a creatividade nesta lingua a través deste xénero. Establécense categorías por idade e a temática dos textos é libre, aínda que as historias deben ter Pamplona como escenario.
Fonte: Pamplona Actual
O obxectivo destes cursos é que o persoal dos sectores do comercio e a hostalería mellore a atención á clientela euscalduna. Cunha duración de 60 horas, organízanse cursos de iniciación e de continuación que comezarán no mes de outubro.
Fonte: San Sebastián Shops
A Deputación de Pontevedra e a produtora Butaca Zero estrearán o 10 de setembro no escenario das Ruínas de San Domingos a ópera galega e en galego Papagena que logo visitará outros cinco concellos da provincia: O Grove, Caldas, Tui, Gondomar e Bueu.
Desde finais dos anos setenta do pasado século, o Goberno do Canadá concede bonificacións a aquelas persoas traballadoras que empreguen o francés e o inglés no ámbito laboral. Porén, o Goberno rexeita conceder a mesma gratificación a aquelas persoas que, ademais dunha lingua oficial, falen unha lingua indíxena.
Fonte: The Guardian
Unha axencia de noticias de Emiratos Árabes anunciou que os tribunais da cidade de Abu Dhabi permitirán a partir de agora presentar demandas e formularios en lingua española.
Fonte: Heraldo
Por segundo ano consecutivo lánzase esta campaña para que as persoas que acaban de chegar á comarca dean un paso para aproximarse ao éuscaro, cada unha desde a súa realidade, aprendendo palabras, acudindo a actividades culturais etc.
Fonte: El Diario Vasco
O CatAragonario, dicionario en liña do catalán de Aragón, inclúe máis de 8000 entradas que mostran o equivalente da palabra en castelán, catalán normativo e nas correspondentes solucións dialectais distribuídas por comarcas.
Fonte: Aragón Universidad
Un grupo internacional de investigadores afirma ter descodificado a antiga lingua linear elemita, utilizada na Idade de Bronce pola civilización de Elam, natural do territorio que hoxe corresponde ao sur de Irán.
Fonte: Haaretz
Boletín
Subscríbase ao boletín


