Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    31 de agosto de 2022

    Dous estudantes do Brasil crearon o primeiro software que permite escribir caracteres especiais de máis de 40 linguas indíxenas da Amazonia.

    Fonte: Globo

    31 de agosto de 2022

    O Consello de Goberno aprobou unha orde pola que se convocan subvencións, ás que lles dedicará unha partida de 985 000 euros, para a produción de materiais escolares en éuscaro de niveis non universitarios.

    Fonte: Deia

    31 de agosto de 2022

    Amazon Prime Video estrea o venres 2 de setembro a serie O Señor dos Aneis: os aneis do poder que poderá verse en galego, tanto dobrada como subtitulada. Tamén estará dispoñible en éuscaro e catalán.

    Fonte: La Voz de Galicia

    31 de agosto de 2022

    A campaña «Euskera ahora» para impulsar a aprendizaxe do éuscaro entre persoas adultas pretende animar principalmente a xente nova para que estude esta lingua presentándoa como unha escolla atractiva que ofrece novas vivencias e oportunidades.  

    Fonte: Gobierno de Navarra

    31 de agosto de 2022

    O Concurso Literario Mazarelos, organizado pola Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Filoloxía, chega á súa oitava edición co obxectivo de fomentar a creatividade da mocidade universitaria e desenvolver a súa capacidade de expresión en lingua galega.

    31 de agosto de 2022

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na presentación das obras Camiño de lenda, de Rafael Fontoira, e Catro mulleres de palabra, coordinado por Marcelino Agís, enmarcadas dentro da décimo terceira edición das xornadas culturais Sanxenxo na Historia, que contan con apoio da Xunta.

    31 de agosto de 2022

    O Departamento de Educación dos Estados Unidos de América (EUA) e o Ministerio de Educación de España renovaron os seus acordos para promover programas educativos de intercambio multilingüe e multicultural entre os dous países.

    Fonte: Language Magazine

    30 de agosto de 2022

    O Departamento de Educación da rexión neerlandesa de Valonia revelou que cada vez menos alumnado de secundaria escolle o neerlandés como segunda lingua en beneficio do inglés.

    Fonte: The Brussels Times

    30 de agosto de 2022

    O curso escolar comezará en Cataluña sen a obriga de impartir o 25 % das clases en castelán. O Tribunal Superior de Xustiza de Cataluña denegou a petición de establecer medidas cautelares para que o curso comece cunha materia máis nesa lingua.

    30 de agosto de 2022

    O Concello de Donostia e os euskaltegis e academias homologadas animan a cidadanía a  matricularse nos cursos de éuscaro organizados para os próximos meses, dos que se ofrece unha ampla variedade para atender as diferentes necesidades e posibilidades.

    Fonte: Noticias de Gipuzkoa

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder