Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    30 de agosto de 2022

    Entre o 7 e o 11 de setembro o Festival Revenidas, que se celebra en Vilaxoán, converterase nun escaparate da música en galego con actuacións como a de Sés, Ortiga, Grande Amore, Caamaño & Ameixeiras, Tanxugueiras, Baiuca, Dakidarría etc.

    Fonte: Culturagalega.org

    30 de agosto de 2022

    O labor de catro mulleres permitiu que algúns fragmentos da Constitución de Chile fosen traducidos a catro linguas indíxenas: rapa nui, mapuzungun, aimará e quechua.

    Fonte: Interferencia

    29 de agosto de 2022

    As conselleiras de Administración Pública e de Educación reuniranse en setembro para determinar o nivel lingüístico que se lles esixirá aos empregados públicos de alto rango.

    Fonte: Información

    29 de agosto de 2022

    O Concello de Sarria, coa colaboración da asociación Ergueitas, convoca a 22.ª edición do certame de poesía Fiz Vergara Vilariño, dotado cun premio de 6000 euros, e ao que poderán presentarse textos en galego cunha extensión mínima de 500 versos.

    Fonte: El Progreso

    29 de agosto de 2022

    A pelota vasca é un dos cinco deportes incluídos en Narona Sports, un videoxogo desenvolvido pola empresa navarra Cokoon Games Lab para a Nintendo Switch no que o éuscaro figura entre as oitos linguas dispoñibles.

    Fonte: Noticias de Gipuzkoa

    29 de agosto de 2022

    Mediante este convenio de colaboración, a institución provincial contribuirá con 29 000 euros á creación do Observatorio PuntoGal, unha web que ofrecerá información sobre o uso de internet en Galicia e que analizará múltiples variables, principalmente ligadas ao uso da lingua galega na rede.

    29 de agosto de 2022

    O ministro de Educación e Lingua Galesa do País de Gales anunciou novas medidas e accións para protexer as comunidades onde o galés é a lingua principal de comunicación e onde hai un número importante de segundas residencias.

    Fonte: Llywodraeth Cymru - Welsh Government

    29 de agosto de 2022

    Un proxecto europeo no que participan centros universitarios de Europa lanzou unha guía en seis linguas (portugués, inglés, español, francés, italiano e alemán) para promover a inclusión lingüística de persoas refuxiadas.

    Fonte: CNN Portugal

    26 de agosto de 2022

    A Constitución de 2016 establece que as linguas oficiais da República Centroafricana son o francés e o sango. Porén, a revisión constitucional proposta polo xefe de estado sumaría o ruso como terceiro idioma oficial.  

    Fonte: CNC

    26 de agosto de 2022

    O prazo do Certame Literario en éuscaro permanecerá aberto ata o 28 de outubro. Poderán presentarse autoras ou autores navarros ou residentes en Navarra con textos orixinais de tema libre.

    Fonte: Navarra Televisión

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder