Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    24 de agosto de 2022

    O Departamento de Idioma Vietnamita será o primeiro deste tipo co que contará a Universidade Real de Phnom Penh (RUPP), o que resultará beneficioso para os estudantes camboxanos e contribuirá a estreitar relacións con Vietnam.  

    Fonte: Vietnam +

    23 de agosto de 2022

    Bangladesh súmase así aos máis de 70 países onde o Instituto Camões promove o ensino do portugués ao abeiro dun protocolo de colaboración asinado coa Universidade de Daca, o primeiro cunha institución dese país.  

    Fonte: Observatório da Língua Portuguesa

    23 de agosto de 2022

    O DOG publicou a resolución pola que se convocan, con carácter gratuíto, cursos de linguaxe administrativa galega e cursos preparatorios para os certificados de lingua galega, Celga, que se realizarán en distintos períodos e en varias escolas oficiais de idiomas de Galicia.

    Fonte: DOG

    23 de agosto de 2022

    O asturiano protagonizou o sábado 20 de agosto unha das xornadas da Feira Internacional de Mostras de Asturias (FIDMA), que por primeira vez dedicou un día a esta lingua.

    Fonte: Asturies.com

    23 de agosto de 2022

    A aplicación IndyLan naceu da man dunha universidade británica para dar a coñecer as linguas europeas minoritarias e a súa cultura. Agora ve o seu fin porque vai deixar de recibir financiamento do Programa Erasmus+ que a mantiña activa.

    Fonte: Neofalantes

    23 de agosto de 2022

    O Concello de Laudio destinou 21 635 euros para apoiar a aprendizaxe de éuscaro este curso de 113 persoas, que recibirán entre o 50 % e o 100 % do importe total do curso.

    Fonte: Radio Llodio

    23 de agosto de 2022

    A conselleira Gemma Geis anunciou que a Generalitat de Cataluña vai destinar 3,8 millóns de euros este curso ao Plan de reforzo da lingua catalá no sistema universitario e de investigación.

    Fonte: Magisterio

    22 de agosto de 2022

    Varias persoas usuarias de Renfe relataron a Nós Diario episodios de discriminación do galego durante as viaxes e nas distintas instalacións da compañía.

    Fonte: Nós Diario

    22 de agosto de 2022

    O Festiletras, un festival cheo de música e actividades en galego, celebrarse do 1 ao 4 de setembro na Aldea do Couto. Ao longo de catro días ciencia, obradoiros, contacontos, monólogos, teatro, danza ou poesía desenvolveranse nesta aldea de Ponteceso.

    Fonte: Neofalantes

    22 de agosto de 2022

    A Asociación de Medios de Información e Comunicación (AMIC) organiza o certame AMIC Directes, unha iniciativa coa que buscan impulsar o uso do catalán dirixida, principalmente, á xente nova que crea contidos audiovisuais nesta lingua.

    Fonte: ExtraDigital

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder