Coa conmemoración deste decenio por parte da Unesco preténdese frear a deterioración das linguas indíxenas e revalorizar a cultura destes pobos.
Fonte: Radio Fórmula QR
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
Coa conmemoración deste decenio por parte da Unesco preténdese frear a deterioración das linguas indíxenas e revalorizar a cultura destes pobos.
Fonte: Radio Fórmula QR
A cantante Kai Nakai triunfa coas súas versións en éuscaro dos temas Despechá, de Rosalía, e Quédate, de Bizarrap y Quevedo.
Fonte: Noticias de Álava
No ano 1985 o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia ditou dúas resolucións en galego. Co gallo da celebración do 37º aniversario deste feito, a Deputación de Lugo organizou varios actos conmemorativos.
Fonte: Nós Televisión
A Xunta vén de publicar no Diario Oficial de Galicia a resolución definitiva pola que se autoriza un total de 66 ciclos formativos plurilingües que comezan no curso académico 2022-2023 en 33 centros educativos galegos.
Fonte: Xunta de Galicia
O espazo #DígochoEu recibiu o premio Alecrín na categoría de defensa da lingua galega da man da Federación de Entidades Culturais Galegas de Cataluña que entrega cada ano en Galicia estes galardóns que recoñecen tamén o traballo doutros proxectos en diferentes ámbitos.
Defensores da lingua añú de tres municipios venezolanos organizaron un encontro para conformar un comité para a súa preservación. Entre as ideas que se propoñen están a elaboración dun dicionario deste idioma indíxena ou a organización de cursos para a súa aprendizaxe.
Dez anos despois de que finalizase a súa emisión, o concurso Mihiluze volve á televisión vasca con importantes novidades, pero co mesmo obxectivo de xogar e divertirse co éuscaro.
Fonte: EITB
Ferrol acollerá ao longo do mes de agosto diferentes actividades gratuítas ao abeiro do programa «Apego de Verán» dirixido ao público infantil co obxectivo de fomentar o uso e a transmisión da lingua galega.
Fonte: El Español
Un estudo publicado en Nature Human Behavior indica que os bebés comezan a relacionarse co mundo que os rodea ás poucas horas de nacer, mesmo coas linguas, e xa poden coñecer algunha palabra ás 5 horas do nacemento.
Fonte: Infobae
O 9 de agosto conmemórase o Día Internacional dos Pobos Indíxenas, proclamado pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas (ONU), que este ano ten como tema o papel das mulleres indíxenas na preservación e a transmisión do coñecemento tradicional.
Fonte: Nueva Rioja
Subscríbase ao boletín