O Tribunal Supremo anulou os proxectos lingüísticos de dous centros educativos públicos de Barcelona por incumprir co mínimo do 25 % de castelán, despois de rexeitar os recursos de casación presentados pola Generalitat de Cataluña.
Fonte: Deia
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
O Tribunal Supremo anulou os proxectos lingüísticos de dous centros educativos públicos de Barcelona por incumprir co mínimo do 25 % de castelán, despois de rexeitar os recursos de casación presentados pola Generalitat de Cataluña.
Fonte: Deia
O Departamento vasco de Educación destinará o vindeiro curso 2 millóns de euros a subvencións para a posta en marcha de programas de reforzo lingüístico en centros de ensino concertados co obxectivo de paliar as dificultades comunicativas relacionadas co descoñecemento das dúas linguas oficiais, éuscaro e castelán.
Fonte: El Correo
A praza de Rafael Dieste de Rianxo acollerá o venres 19 de agosto un concerto-obradoiro da man de García Mc e DJ Mil cuxo espectáculo leva por título A lingua galega na música rap.
Fonte: El Correo Gallego
Representantes do pobo guaraní trataron varios temas relacionados coa conservación do seu idioma nun congreso, entre eles, o impulso do seu ensino nas escolas públicas e privada ou o reforzo da súa identidade.
Fonte: ABC
O Concello de Portugalete concederá subvencións a asociacións sen ánimo de lucro do municipio para a realización en 2022 de actividades que se desenvolvan integramente en éuscaro.
Fonte: Ayuntamiento de Portugalete
Esta importante pegada ponse de manifesto nos apelidos da poboación maltesa, xa que entre un 15 e un 30 % son cataláns; nos nomes de paxaros, como demostra o feito de que un 8 % procede tamén desta lingua; ou nos dicionarios de maltés, con presenza de moitas palabras con orixe ou influencia do catalán.
Fonte: El Nacional
As axudas para o fomento do uso da lingua catalá, ás que se destina unha partida de 325 000 euros (110 000 máis que o ano anterior), convócanse anualmente para repartir entre concellos e entidades sen ánimo de lucro que realizasen accións de promoción e impulso social do catalán en Baleares.
Como parte da celebración do Decenio Internacional das Linguas Indíxenas 2022-2032 e do Día Internacional dos Pobos Indíxenas, o Goberno de México impulsou un programa que ten como obxectivo fomentar a lectura e a escritura nestas linguas.
Luke Bishop, un filólogo estadounidense, volve a Galicia en busca de neofalantes, seguindo os seus estudos arredor do galego, despois de completar un mestrado en Lingüística Hispánica na Universidade de Wisconsin.
Fonte: Neofalantes
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e Takekazu Asaka, tradutor do galego ao xaponés e embaixador da lingua en Xapón, presentaron tres das súas obras bilingües en xaponés-galego.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Subscríbase ao boletín