Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    02 de agosto de 2022

    A edición número quince do festival literario Expoesía, que se desenvolverá ao longo da primeira semana de agosto co lema «Versos vs Metaversos», terá Galicia como comunidade invitada coa presenza de destacados poetas e a académica Mercedes Queixas na xornada inaugural.

    Fonte: El Mirón de Soria

    02 de agosto de 2022

    Estes vídeos, cuxa duración oscila entre os 8 e os 28 minutos, conteñen conferencias breves do informe Un marc sociolingüístic igualitari per a la llengua catalana, nas que se resumen os puntos máis destacados deste.   

    Fonte: Generalitat de Catalunya

    02 de agosto de 2022

    Máis da metade das persoas usuarias de Instagram en Cataluña configuraría esta app en catalán se ofrecese a opción de facelo, o que supón que a arredor de dous millóns e medio de internautas lles gustaría utilizar a rede social nesta lingua.

    01 de agosto de 2022

    O presidente do Camões - Instituto da Cooperación e da Lingua, João Ribeiro de Almeida, anunciou a creación dun lectorado de lingua portuguesa en Corea do Sur a partir do 2023.

    Fonte: Observador

    01 de agosto de 2022

    O Museo da Lingua Portuguesa de São Paulo está a celebrar o seu primeiro aniversario tras a reapertura. Neste período recibiu 260 000 visitantes.

    Fonte: Globo

    01 de agosto de 2022

    O voceiro do Goberno vasco declarou que a protección de todas as linguas do Estado supón unha obriga constitucional, polo que o acordo sobre o catalán alcanzado na mesa de diálogo pode ser extensible ao éuscaro.

    Fonte: NIUS

    01 de agosto de 2022

    O Tribunal Superior de Xustiza de Cataluña levará ao Tribunal Constitucional a nova lei de uso das linguas nas escolas e o decreto de proxectos lingüísticos por excluír o castelán como lingua vehicular.  

    Fonte: Cadena SER

    01 de agosto de 2022

    O Concello de Carballo publicou no BOP as bases do premio ao mellor proxecto de webserie en galego do Festival Carballo Interplay, un galardón que busca fomentar a creación e a difusión de contidos audiovisuais orixinais nesta lingua en internet.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    01 de agosto de 2022

    A Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua lanzou unha iniciativa para este mes de agosto pola que van recompilar na súa conta de Twitter, co cancelo #veránlingua, recomendacións de lecturas, recursos audiovisuais, webs de proxectos…

    Fonte: CTNL

    29 de xullo de 2022

    Nenas e nenos procedentes de Ucraína asentados en Estonia, que fuxiron da guerra no seu país, asisten a campamentos de verán para melloraren os seus coñecementos da lingua estoniana.

    Fonte: ERR

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder