Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    27 de xullo de 2022

    Grazas a este acordo, os cidadáns que queiran obter un certificado poden consultar, nas páxinas web de cada goberno, a mesma información sobre a acreditación de coñecementos do catalán (oficialidade dos certificados, niveis e descrición das probas).

    Fonte: Diario de Mallorca

    27 de xullo de 2022

    Co obxectivo de espertar o interese polo uso do éuscaro na localidade, o Concello crea a iniciativa 'Gu be bai!', para que os clubs deportivos, os comercios e a hostalaría incorporen esta lingua no seu día a día, como, por exemplo, nas súas redes sociais, sinalizacións e sistemas de emisión de facturas.

    Fonte: El Correo

    26 de xullo de 2022

    A presentadora, actriz e escritora galesa Ffion Dafis gañou o premio ao mellor libro en galés de 2022 do País de Gales pola súa novela Mori.

    Fonte: Nation Cymru

    26 de xullo de 2022

    A Constitución Política de Colombia, traducida ás linguas indíxenas guambiana, ikun, kamentsa, inga, kubeo, wayuunaiki e nasa yuwe, pode consultarse desde agora na plataforma SUIN-Juriscol, ferramenta dixital do Ministerio de Xustiza e de Dereito.

    Fonte: Diario Jurídico

    26 de xullo de 2022

    A Comisión de Seguimento do Protocolo de colaboración en materia de política lingüística no que participan os gobernos de Galicia, Euskadi, Cataluña, Illas Baleares, Navarra e a Generalitat Valenciana celebraron no Pazo de San Roque de Santiago de Compostela a súa reunión ordinaria anual. Nela abordaron distintos temas de interese para as políticas lingüísticas das súas respectivas comunidades, así como accións conxuntas de promoción das súas linguas propias.

    26 de xullo de 2022

    O Consorcio para a Normalización Lingüística ofrece máis de 1300 cursos a partir de setembro, de todos os niveis e, na súa maioría, niveis iniciais e básicos, que van dirixidos a persoas con ningún ou poucos coñecementos desta lingua.

    Fonte: Generalitat de Catalunya

    23 de xullo de 2022

    O Partido Democrático Liberal de Alemaña (FDP, polas súas siglas en alemán) defendeu unha proposta formal no Goberno da República Federal Alemá para que o inglés se converta en lingua oficial do sector público.

    Fonte: Euro Weekly News

    23 de xullo de 2022

    A autoridade unitaria de Gwynedd, no norte do País de Gales, recibirá unha partida orzamentaria de case 3 millóns de libras para fortalecer o ensino de inmersion en galés.

    Fonte: North Wales Live

    22 de xullo de 2022

    Co cancelo #Googleencatalà, varios perfís destacados da promoción do catalán en Internet coordínanse para pedir que se manteña o uso do catalán nas novas tecnoloxías de Google. Os activistas denuncian que non se ofreza un asistente de voz nesta lingua ou que o occitano non teña presenza en ningún servizo da mutinacional.

    Fonte: El Nacional.cat

    22 de xullo de 2022

    A Oficina Pública da Lingua Occitana (ÒPLO, polas súas siglas en occtiano) ofrece unha bolsa a estudantes que queiran converterse en profesores de occitano en escolas bilingües francés-occitano.

    Fonte: Jornalet 

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder