Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    22 de xullo de 2022

    A Xunta de Galicia programa este verán 300 actividades familiares, xuvenís e infantís coa campaña Tece Redes en galego, que chegará a diferentes localizacións de Galicia e dará a coñecer a lingua galega desde un punto de vista lúdico.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    21 de xullo de 2022

    O cine informou que, co seu ciclo “CineCiutat, bon dia”, proxectará películas en catalán ou subtituladas nesta lingua dúas mañás por semana durante o verán para aumentar a oferta lúdica e cultural de Palma en horario matinal e contribuír ao obxectivo do cine de normalizar e ampliar o uso da lingua catalá na cultura e no ocio.

    Fonte: Mallorcadiario.com

    21 de xullo de 2022

    A deseñadora gráfica Lorena García crea o proxecto "Na Utopía", unha plataforma de obradoiros en liña en lingua galega.

    Fonte: Galicia Confidencial

    21 de xullo de 2022

    A República de Irlanda destinará preto de 4 millóns de euros a dúas asociacións para que desenvolvan actividades e iniciativas que incidan na normalización do gaélico en todo o territorio irlandés. 

    Fonte: Breaking news 

    21 de xullo de 2022

    O autor Ignacio Vidal Portabales recibe a XXXIV edición do premio de novela Manuel García Barros, convocado polo Concello da Estrada, coa súa obra As horas dunha illa remota.

    Fonte: Cultura galega

    20 de xullo de 2022

    A escritora Ana Abad de Larriba recibe o XVII Premio Abrente de textos teatrais pola súa obra A nunca vista

    Fonte: Cultura galega

    20 de xullo de 2022

    O Centro de Linguas da Facultade de Letras da Universidade de Coímbra (FLUC, polas súas siglas en portugués) abriu as candidaturas para os cursos de formación en linguas estranxeiras que terán lugar no primeiro semestre de 2022-2023.

    Fonte: Universidade de Coimbra

    20 de xullo de 2022

    Coa iniciativa de Lodosa Bizirik, unha entidade que dinamiza o uso do éuscaro, a súa normalización e a cultura navarra, o Concello de Lodosa colocará 154 novas placas nesta lingua e en castelán en 78 rúas, prazas e avenidas. Afirman que este cambio é unha das accións que necesitan para dar visibilidade e normalizar o éuscaro na localidade.

    Fonte: Noticias de Navarra

    20 de xullo de 2022

    Ao longo desta semana, a plataforma publicará cinco novos contos infantís en éuscaro das editoriais OQO e Txalaparta, en formato podcast e videopodcast, e que van dirixidos a nenos, nenas e ás súas familias. Tamén estarán dispoñibles en Spotify ou Google Podcasts e con ilustracións animadas en YouTube.

    Fonte: eitb.eus

    19 de xullo de 2022

    Xa se coñecen as persoas gañadoras do Premio Xerais 2022: a novela A culpa, de María Solar, fíxose co Premio Xerais de Novela, Cicuta para dous de Rocío Leira co Jules Venre de Literatura Xuvenil e Unha nova dimensión, de Anxo Iglesias, co Merlín de Literatura Infantil.

    Fonte: Praza Pública

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder