O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou en Ribadavia na presentación do libro Profetas, de Ernesto Is, que vén de gañar o 16ª Premio Abrente.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou en Ribadavia na presentación do libro Profetas, de Ernesto Is, que vén de gañar o 16ª Premio Abrente.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A riqueza fraseolóxica na novela Costa do Solpor, do académico da RAG Xosé María Lema, abre o número 39 de Cadernos de lingua, xa dispoñible na sección de publicacións de academia.gal.
Fonte: Real Academia Galega
Nace o sitio web occitan.org co fin de divulgar o estudo da lingua occitana. O novo espazo inclúe unha antoloxía de textos de moitas épocas diferentes e un dicionario de occitano.
Fonte: Jornalet
ElNacional.cat presenta Diagnòstic crític: radiografía del catalán en la justicia, en colaboración co Departamento de Xustiza da Generalitat de Cataluña. O minidocumental pretende dar a coñecer a situación da lingua catalá nos xulgados e en calquera trámite relacionado coa xustiza e ofrecer unha resposta analítica á súa regresión lingüística. Ademais, conta co testemuño de avogados, xuíces e funcionarios da Administración de Xustiza, entre outros.
Segundo a enquisa sobre o uso das TIC publicada polo Idescat, o instituto de estatística de Cataluña, a cifra de mozos e mozas que usan o catalán para enviar mensaxes a través do móbil e nas redes sociais baixou no ano 2021.
Fonte: Ara
O pleno da Real Academia Galega dedicaralle o Día das Letras Galegas 2023 a Francisco Fernández del Riego, unha das figuras centrais do galeguismo progresista e clave da resistencia no exilio interior durante o franquismo, cunha traxectoria polifacética e prolífica que abrangueu desde a política, a creación e crítica literaria á edición. Foi un dos fundadores da Editorial Galaxia e, na última etapa da vida, presidiu a Real Academia Galega (1997-2001).
Iniciativa polo Asturiano propón que os guías turísticos se formen na súa propia lingua, posto que unha certificación do coñecemento da lingua asturiana engadida á oferta turística permite a promoción e normalización social do asturiano, o coñecemento e a formación nesta lingua e darlle máis valor e prestixio.
Fonte: Asturies.com
A Academia Valenciana da Lingua (AVL) e o Instituto Ramon Llull organizan unha nova edición da Estancia Lingüística en Valencia na que participan trinta estudantes do valenciano de todo o mundo, co obxectivo de mellorar a súa competencia lingüística e os seus coñecementos culturais a través de cursos, conferencias e visitas, entre outras actividades.
Fonte: La Vanguardia
A Real Academia Galega lamenta o pasamento do académico de honra Basilio Losada. Natural de Láncara e emigrante en Cataluña desde cativo, exerceu de auténtico embaixador da lingua e a cultura galegas en Cataluña.
Fonte: Real Academia Galega
O Goberno do País de Gales revelará os plans que permitirán crear 23 novas escolas primarias de inmersión en lingua galesa. O obxectivo é dotar as autoridades locais de máis servizos educativos de inmersión na lingua vernácula.
Fonte: Cambrian News
Subscríbase ao boletín