Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    12 de xullo de 2022

    O pleno do Concello de Manacor aproba a inclusión de cláusulas lingüísticas nos pregos de condicións da contratación de obras e servizos para fomentar o uso público da lingua catalá, de modo que as empresas contratadas deberán garantir o seu uso nos bens, obras e servizos obxecto do contrato.

    Fonte: Última hora

    12 de xullo de 2022

    O alumnado dos cursos de nivel básico 3 de catalán do Consorcio para a Normalización Lingüística practicou esta lingua nun total de 73 comercios locais durante este trimestre. As prácticas lingüísticas consisten en entrar a comprar ou pedir información sobre algún produto.

    Fonte: Diari Més

    11 de xullo de 2022

    A campaña Toponomízate. Falámosche dos nomes da túa terra, coordinada pola Real Academia Galega en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, chegará ao municipio ourensán de Laza co fin de promover a recuperación da microtoponimia local. 

    Fonte: Real Academia Galega

    11 de xullo de 2022

    A canción galega Ai-lalelo, do grupo PAMP conseguiu o segundo premio no AI Song Contest, na cidade belga de Liexa.

    Fonte: NIUS

    11 de xullo de 2022

    A plataforma FIFA+ ofrece a partir de agora contidos en lingua árabe. Alén desta lingua, o indonesio, o italiano, o xaponés e o coreano son as novas traducións incorporadas á plataforma que xa está dispoñible nun total de dez idiomas.

    Fonte: FIFA

    11 de xullo de 2022

    O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, asistiu á toma de posesión de Rosario Álvarez como presidenta do Consello da Cultura Galega, onde recoñeceu o seu labor no impulso e protección da cultura propia e chamou a afrontar desde a cooperación os seus retos no futuro.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

     

    11 de xullo de 2022

    A Real Academia Galega ampliou ata o 26 de xullo o prazo para participar no concurso "Contádenos o voso Día das Letras 2022", dirixido a todos os centros escolares que impartan educación infantil e primaria e mais ao alumnado con necesidades especiais de apoio educativo.

    Fonte: Real Academia Galega

    09 de xullo de 2022

    Con máis de 200 millóns de falantes, o mundo celebra o Día Mundial do Suahili, unha conmemoración proclamada polas Nacións Unidos para reinvindicar e potenciar o seu uso.

    Fonte: The Irish Men

    08 de xullo de 2022

    A Comisión de Xustiza e Cidadania da Cámara dos Deputados do Brasil aprobou o proxecto de lei que permitirá a cooficialización das linguas indíxenas nos municipios brasileiros.

    Fonte: Correio Braziliense

    08 de xullo de 2022

    Nesta reunión participaron representantes do propio concello, da Deputación Foral de Biscaia ou do Goberno vasco, así como outras entidades do ámbito social e cultural que integran o Consello Asesor do Éuscaro.

    Fonte: BizkaiaGaur

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder