Altea acolle unha nova edición de Bellaguarda de Cine, un ciclo de cine en valenciano polo que cada martes se proxectará un filme e cuxa entrada será libre e gratuíta.
Fonte: El Periòdic
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
Altea acolle unha nova edición de Bellaguarda de Cine, un ciclo de cine en valenciano polo que cada martes se proxectará un filme e cuxa entrada será libre e gratuíta.
Fonte: El Periòdic
O 8 de xullo Netflix estrea O monstro mariño (cuxo título orixinal en inglés é The Sea Beast), a primeira película de animación producida por esta plataforma integramente en galego. Este será un dos 70 títulos que, ata finais ano, Netflix incorporará nesta lingua ao seu catálogo.
A Agrupación Reformista de Policías demanda que no exercicio voluntario de idioma, ademais de francés e inglés, se inclúa o resto de linguas oficiais: éuscaro, catalán, aranés, galego e valenciano.
Fonte: El Foro de Ceuta
A Generalitat de Catalunya envioulle unha carta a Google na que lle reclaman que se poida consultar o servizo de Google News en catalán, así como que se incorpore esta lingua aos asistentes de voz de todos os servizos.
Fonte: DBalears
Léocho?, con base en Santiago de Compostela, sacará á luz o venres 8 de xullo os dez primeiros audiolibros en galego, todos de autores do Rexurdimento, entre os que figurarán obras de Rosalía, Curros e Pondal, así como doutros menos coñecidos.
Fonte: Faro de Vigo
O certame «Nós tamén creamos!», impulsado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, en colaboración coa Corporación de Radio e Televisión de Galicia e OQO editora para fomentar o talento na creación de contidos audiovisuais en galego entre a xente nova, comunicou o palmarés da súa décima edición.
O antigo mosteiro da Santissima Concezione, no complexo de Santa Maria Novella, en Florencia, é o espazo escollido para albergar o Museo Nacional do Italiano (Mundi) que acaba de abrir as súas portas ao público.
Fonte: Artemagazine
A canle de televisión infantil arxentina Pakapaka estreou a serie de televisión Poemas de la Tierra que aspira a promover e difundir as linguas indíxenas que se falan na Arxentina.
Fonte: La Nueva Mañana
O novo Centro de Interpretación do Aragonés «Ana Abarca de Bolea», que toma o nome dunha das súas abadesas que escribiu nesta lingua, ten como obxectivo divulgar e poñer en valor o aragonés e promover a súa aprendizaxe, así como sensibilizar e fomentar o compromiso cara a este idioma.
Fonte: Heraldo
Memorias 1841-1843 de Juana de Vega foi editada pola Fundación Luzes en colaboración coa Fundación Juana de Vega polo 150 aniversario da súa morte. Ana Luísa Bouza foi a responsable da tradución ao galego desta obra baseada nuns manuscritos atopados no arquivo da Cámara do Congreso en 1910.
Fonte: Galicia Confidencial
Subscríbase ao boletín