A cidade galesa de Swansea acollerá a segunda edición do Gŵyl Tawe, festival que celebra a música en lingua galesa.
Fonte: Nation Cymru
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
A cidade galesa de Swansea acollerá a segunda edición do Gŵyl Tawe, festival que celebra a música en lingua galesa.
Fonte: Nation Cymru
A Coordinadora de Ensino da Lingua Portuguesa en Venezuela retomou as probas de certificación de portugués como lingua estranxeira. Un total de 195 persoas fará o exame en cinco niveis diferentes.
Fonte: Notícias ao Minuto
O Museo da Lingua Portuguesa de São Paulo ofrece un intenso programa de actividades de verán para público infantil. Trátase da primeira axenda cultural para crianzas desde que reabriu o museo.
Fonte: CNN Brasil
A Rede de Normalización Lingüística do Principado quedou constituída formalmente tras a celebración da súa primeira reunión, á que asistiron representantes dos 21 municipios que contan con servizo lingüístico, así como da Universidade de Oviedo. O obxectivo deste novo organismo é reforzar a coordinación entre a Administración autonómica e os concellos para impulsar o uso do asturiano e do eonaviego.
Froito do compromiso entre o Departamento de Cultura e Netflix, a plataforma de vídeo a demanda incorporou a primeira ducia de títulos dos 70 que vai incluír cada ano.
Fonte: Generalitat de Catalunya
A Real Academia Galega, en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela e a Asociación Galega de Onomástica, organiza un congreso internacional sobre a toponimia nos camiños de peregrinación a Santiago de Compostela que se celebrará o vindeiro mes de setembro.
A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades publicou as resolucións das convocatorias de axudas, relativas ao curso escolar 2021/2022, para proxectos de fomento do galego dos centros de ensino non universitario tanto de titularidade pública como privada.
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou no castelo de Soutomaior no acto de entrega dos premios da XXVI edición dos Premios Lois Peña Novo, que este ano recibiron o músico Rodrigo Romaní, a bióloga María Luisa Castro e o colectivo Nova Escola Galega.
O Estado francés, a Rexión Occitania e o Departamento dos Pireneos Orientais asinan un acordo histórico que permitirá que o alumnado do territorio da Cataluña do Norte (Francia) poida aprender a lingua catalá.
Fonte: Generalitat de Catalunya
Unha enquisa realizada polo Centro Escocés de Investigación Social revelou que na última década houbo un incremento do 30 % no número de falantes de gaélico escocés.
Fonte: The Inverness Courier
Subscríbase ao boletín