O territorio canadense de Columbia Británica destinará novos fondos aos programas de revitalización das linguas nativas das Primeiras Nacións que habitan a provincia.
Fonte: E-know
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
O territorio canadense de Columbia Británica destinará novos fondos aos programas de revitalización das linguas nativas das Primeiras Nacións que habitan a provincia.
Fonte: E-know
Unha campaña organizada pola asociación Foras na Gaeilge pretende animar a cidadanía da República de Irlanda a que promova o uso do gaélico fóra das Gaeltacht, ou zonas de fala irlandesa.
Fonte: RTÉ
O novo servizo de noticias Tschechien News naceu co obxectivo de ofrecer artigos de actualidade e noticias en alemán á poboación xermanófona residente neste país.
Fonte: Prague Morning
A Universidade de Swansea, no norte do País de Gales, elaborou unha ambiciosa estratexia de promoción da lingua galesa tanto no seo da universidade como na vida pública en xeral.
A Dirección Xeral de Política Lingüística do Goberno de Aragón e a Comarca do Alto Gállego colaboraron co Concello de Yésero na creación dun folleto da toponimia deste municipio. Con este traballo dáse a coñecer como era e como é o uso da lingua aragonesa, consérvase o patrimonio inmaterial e establécese a forma oficial das denominacións que sempre se usaron para referirse ao territorio.
A infografía foi elaborada coa colaboración de expertos do Museo da Música de Barcelona e da Escola Superior de Música de Cataluña (ESMUC) e inclúe 47 termos xerais e específicos que ilustran as partes do piano. Este material novo pode ser moi útil para os profesionais da música.
Fonte: Generalitat de Catalunya
No exercicio do ano 2021, presentáronse ante a Valedora do Pobo 261 queixas por vulneración dos dereitos lingüísticos, 165 expendientes máis có ano anterior.
Fonte: Nós Diario
A Real Academia Galega e PuntoGal entregarán os premios do V Concurso de microrrelatos que convocan conxuntamente nun acto aberto ao público que terá lugar na sede da RAG.
Fonte: Real Academia Galega
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, presentou na Cidade da Cultura a conferencia inaugural dos actos organizados pola Xunta de Galicia para celebrar o centenario de Luz Pozo Garza.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Un informe elaborado pola Federación Nacional de Asociacións Tamazight revela que o proceso de integración do tamazight ou bérber na vida pública e no ensino de Marrocos é aínda un proceso lento e cheo de obstáculos.
Fonte: Morocco World News
Subscríbase ao boletín