Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    20 de xuño de 2022

    Os consumidores da empresa ASUS xa poden consultar en catalán os manuais de uso de catro dos produtos máis vendidos en España, recibir atención telefónica e acceder a un formulario en liña de apoio técnico no que poden requirir asistencia, facer reclamacións ou pedir información nesta lingua.

    Fonte: Generalitat de Catalunya

    20 de xuño de 2022

    Co obxectivo de aumentar o número de falantes de éuscaro en Pamplona, un grupo de mozos crea "Laba", un espazo que se localiza no centro da capital para chegar a un público maior e consolidar o uso desta lingua a través de actividades culturais moi variadas.

    Fonte: elDiario.es

    20 de xuño de 2022

    A cantante Ruth Keggin e a arpista escocesa Rachel Hair publicarán o seu álbum Lossan co que queren honrar a lingua gaélica manx, falada na Illa de Man.

    Fonte: Isle of Man Today

    20 de xuño de 2022

    A Casa da Cultura do Concello de Pantón será o lugar escollido para abrir o pano da edición 2022 de «Toponimízate. Falámosche dos nomes da túa terra», iniciativa da Real Academia Galega en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.

    Fonte: RAG

    19 de xuño de 2022

    A edición deste ano do festival Rock in Rio Lisboa apostou pola comunicación das persoas xordas ao incluír intérpretes de lingua de signos nos concertos.

    Fonte: Yahoo Notícias

    18 de xuño de 2022

    O comité de expertos da Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias expresou a súa solidariedade co pobo ucraíno e denunciou nun comunidado que é inaceptable que Rusia siga a empregar a situación do ruso como lingua minoritaria en Ucraína como pretexto para a agresión militar.

    Fonte: Council of Europe

    18 de xuño de 2022

    O Goberno do Quebec, a través da súa ministra de Relacións co Canadá, Sonia LeBel, enviou unha serie de propostas a Ottawa para mellorar o status da lingua francesa. Entre as medidas, o Goberno do Quebec quere que se supriman as normas de promoción da lingua inglesa na provincia.

    Fonte: CBC 

    17 de xuño de 2022

    O colectivo cultural Fala Ceibe presentou as súas demandas para enfrontar o afastamento que padecen os falantes do galego estremeiro.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    17 de xuño de 2022

    Debido ao escaso uso do catalán na xustiza, acaba de presentarse un plan para reverter esta situación e garantir así os dereitos lingüísticos dos falantes desta lingua. Entre as medidas propostas destaca a constitución dun pacto nacional pola xustiza, cun grupo de traballo específico para cuestións lingüísticas; un código QR para interpoñer queixas por vulneración dos devanditos dereitos ou unha campaña de concienciación.

    17 de xuño de 2022

    A Área de Normalización Lingüística elaborou a Breve guía para mellorarmos o uso do galego, que recolle os erros máis frecuentes atopados nos textos que diariamente se revisan neste servizo da Universidade de Vigo.

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder