Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    13 de xuño de 2022

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, asistiu no Salón Nobre de Fonseca da Universidade de Santiago de Compostela (USC) ao acto da XIII Asemblea da Irmandade Xurídica Galega (IXUGA), encabezada polo seu presidente, Xoaquín Monteagudo.

    13 de xuño de 2022

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, asistiu no Pazo de San Roque á presentación da serie documental Corpo de vento: viaxe ao corazón dos órganos galegos, realizado pola produtora Sirgo Torcendo ao abeiro do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 21-22 da Xunta de Galicia.

    13 de xuño de 2022

    A Axencia Rexional para a Lingua Friulana (ARLeF) abriu un concurso público para deseñar a certificación en lingua friulana e definir os niveis de coñecemento desta lingua seguindo o Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas.

    Fonte: Il Friuli

    13 de xuño de 2022

    Sky News Arabia creou a nova plataforma dixital en lingua árabe SNABusiness.com que se especializará na análise económica e ofrecerá reportaxes detalladas sobre diferentes temas de actualidade dos países de fala árabe.

    Fonte: Arab News

    11 de xuño de 2022

    O Dalai Lama presentou na localidade india de Dharamsala o dicionario de lingua tibetana Monlam que axudará a preservar e difundir a lingua tibetana tanto no Tíbet como na diáspora.

    Fonte: The Tribune

    11 de xuño de 2022

    Grazas a unha campaña de financiamento colectivo, publicouse Lagastina, un libro CD de cancións e contos en occitano para que as crianzas vaian incorporando o uso desta lingua no seu día a día.

    Fonte: Jornalet

    10 de xuño de 2022

    Trátase da primeira edición deste torneo cuadrangular no que participarán o Hamabi biscaíño, o Unión Tutera navarro, o Arranoak do País Vasco francés e o Aretxabaleta guipuscoano e que ten como obxectivo impulsar o uso do éuscaro.

    Fonte: El Correo

    10 de xuño de 2022

    A Universidade de Cabo Verde en Praia presentou a primeira tradución á lingua caboverdiana dunha banda deseñada das aventuras de Tintín. Trátase do primeiro volume da colección e levará o título de Tintin na Tibeti.

    Fonte: Sapo

    10 de xuño de 2022

    O Plan de formación lingüística e cultural (FOLC), xunto co nivel C1 de catalán, será imprescindible para calquera proceso selectivo de acceso ao corpo de persoal docente a partir de 2023.

    Fonte: Diario de Mallorca

    10 de xuño de 2022

    A Generalitat, a Deputación de Tarragona e oito municipios desta provincia asinaron un plan de actuación para impulsar medidas destinadas a mellorar a utilización do catalán, así como reforzar o seu uso social.

    Fonte: Diari Més

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder