Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    10 de xuño de 2022

    O Concello de Valdoviño xa conta con ordenanza municipal de uso social da lingua galega, que regula os usos lingüísticos polos que debe rexerse tanto esta institución como as empresas adxudicatarias, concesionarias ou contratadas por ela.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    10 de xuño de 2022

    O Certame Ouff Escola, organizado polo Concello de Ourense, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, chega á súa 13ª edición. Os centros educativos participantes poderán presentar obras audiovisuais en lingua galega de ata 20 minutos de duración.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    10 de xuño de 2022

    O ministro de Cultura, Miquel Iceta, e o presidente da Feira do Libro de Frankfurt, Jürgen Boos, presentaron o programa do evento internacional que contará coa participación de España como convidado de honra. O ministro declarou que o 25 % das obras que se presentarán na feira serán en linguas oficiais do Estado diferentes ao castelán.

    Fonte: La Vanguardia

     

    09 de xuño de 2022

    Ao abeiro da campaña de dinamización lingüística «Eu merco en galego» levaranse a cabo dúas accións: «Falo e gaño co galego», na que se distribuirán materiais polo comercio e a pequena empresa, así como premios entre a clientela; e «Sacamos o sombreiro ao galego», unha instalación na rúa con 1400 sombreiros con lemas nas vías comerciais polas que transcorre o Camiño de Santiago.

    09 de xuño de 2022

    O Goberno de España creará o Observatorio Global do Español, que terá a súa sede na Rioxa, un centro de análise e prospectiva que fomentará o coñecemento e o prestixio desta lingua, así como das culturas hispánicas no proceso de transformación dixital.

    Fonte: Fundéu

    09 de xuño de 2022

    Elkargoak Euskaraz nace ao abeiro do proxecto BasquePRO para impulsar o uso do éuscaro nos colexios profesionais, o que supón unha oportunidade para unificar esforzos nos procesos de euscaldunización e promoción desta lingua.

    Fonte: Gobierno Vasco

    09 de xuño de 2022

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e o presidente da Real Academia Galega (RAG), Víctor F. Freixanes, presentaron a quinta edición da campaña «Toponimízate. Falámosche dos nomes da túa terra». Nesta nova edición, a iniciativa de divulgación da toponimia galega, coordinada pola RAG en colaboración coa Xunta de Galicia, duplica a súa oferta de actividades e chegará a 17 concellos.

    08 de xuño de 2022

    As embaixadas no Brasil de Alemaña, Austria, Bélxica, Luxemburgo e Suíza celebran a sexta edición da Semana da Lingua Alemá neste país suramericano.

    Fonte: Jornal do Comércio

    08 de xuño de 2022

    Os resultados dunha enquisa realizada pola organización Clúster sociolingüístico revelaron que o uso do éuscaro no espazo público diminúe no País Vasco francés. O estudo foi realizado a pé de rúa entre setembro e outubro de 2021.

    Fonte: Mediabask

    08 de xuño de 2022

    Baixo o lema «Ensenyants pel valencià», unha nova campaña insta as institucións públicas a facer un esforzo lexislativo e económico  para deter o retroceso do valenciano no sistema educativo. Todas as persoas que o desexen poden apoiar esta iniciativa a través da web www.ensenyantspelvalencia.org.

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder