Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    07 de xuño de 2022

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na presentación da guía da Real Academia Galega (RAG) Ideas para un plurilingüismo dende o galego no Concello de Ames, un dos proxectos levados a cabo ao abeiro do Fondo de proxectos culturais Xacobeo 21-22 da Xunta de Galicia.

    06 de xuño de 2022

    A asociación de ensino de éuscaro AEK ofrece diferentes cursos desta lingua para persoas adultas durante o verán no País Vasco francés.

    Fonte: Mediabask

    06 de xuño de 2022

    O proxecto Anima-Euskera é unha homenaxe audiovisual e ilustrada a cinco personaxes que mantiveron vivo o éuscaro e a cultura en Navarra: Perpetua Saragüeta, Mariano Izeta, Julia Fernández Zabaleta, Ceferina Fontellas e Juan de Amendux.

    Fonte: Diario de Navarra

    06 de xuño de 2022

    Este certame ten como obxectivos estimular a creatividade da mocidade e impulsar a creación de vídeos en galego. Está destinado ao alumnado de secundaria e bacharelato, que deberá elaborar un vídeo, dunha duración máxima de 1 minuto, no que se use esta lingua, feito a través da plataforma TikTok.

    Fonte: Código Cero

    06 de xuño de 2022

    Valentín García, secretario xeral de Política Lingüística, participou no acto organizado pola Fundación Xosé Neira Vilas en homenaxe a Luis Reimóndez Fernández, anterior presidente da entidade.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    06 de xuño de 2022

    Lanzan, co gallo do festival da lingua galesa para mozos e mozas Urdd Eisteddfod, o sitio web Lingo360, un espazo en liña de noticias dedicado a persoas que estudan galés. 

    Fonte: Nation Cymru

    06 de xuño de 2022

    Desde o inicio da guerra en Ucraína, cada vez máis cidadáns ucraínos do leste de Ucraína decidiron adoptar a lingua ucraína como propia e rexeitar o uso do ruso como mostra de oposición ao exército invasor.

    Fonte: The Guardian

    04 de xuño de 2022

    O protocolo de cooperación entre São Paulo e Coímbra permitirá que esta segunda cidade poida albergar a sede europea do Museo da Lingua Portuguesa.

    Fonte: Mundo Lusíada

    03 de xuño de 2022

    O Plan estratéxico do éuscaro é produto do compromiso da Federación Guipuscoana de Fútbol que, consciente da importancia do deporte para a transmisión da lingua, quere usar o seu liderado e o seu papel como referente para fomentar o seu uso nas relacións internas e externas, nos partidos e nos adestramentos.

    03 de xuño de 2022

    Ao abeiro dunha campaña de promoción lingüística que ten como lema «En valencià és més dolç», o Concello de Xàtiva repartirá entre os establecementos hostaleiros do municipio máis de 170 000 sobres de azucre con frases feitas e refráns en valenciano.

    Fonte: El Periòdic

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder