Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    01 de xuño de 2022

    Ao longo do mes de xuño, esta biblioteca acollerá contacontos en galego, inglés e lingua de signos ao abeiro do programa «Os sábados, choiva de contos» destinado á rapazada de 3 a 8 anos

    Fonte: Galicia Confidencial

    01 de xuño de 2022

    Máis de 5000 centros educativos de Cataluña recibiron da Generalitat as instrucións que deben seguir para acreditar que os seus proxectos lingüísticos cumpren o marco legal vixente que estipula unha porcentaxe do 25 % de castelán nas aulas.

    Fonte: El Periódico

    01 de xuño de 2022

    O Goberno balear destinará unha partida de 700 000 euros ás axudas para os medios de comunicación en catalán, o que supón un incremento de 65 000 euros respecto á anterior convocatoria.  

    Fonte: Mallorca Diario

    01 de xuño de 2022

    A Deputación da Coruña deu a coñecer os gañadores deste galardón que recoñece o labor de promoción e dignificación social do patrimonio lingüístico de Galicia: a escritora María Canosa, a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) e o proxecto Brazolinda.

    01 de xuño de 2022

    O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, e a delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, inauguraron na praza da Constitución ferrolá a exposición «100% María Casares. O teatro é o refuxio».

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    31 de maio de 2022

    Un estudo realizado por Statistics Canada revelou que o incremento no número de persoas inuit que traballa no Goberno do territorio canadense de Nunavut non foi proporcional ao uso do inuktitut nas esferas públicas. O número de persoas competentes nesta lingua diminuíu considerablemente en postos de traballo gobernamentais.

    Fonte: Nunatsiaq News

    31 de maio de 2022

    Co fin de preservar a pureza da lingua francesa, o Goberno de Francia prohibiu o uso de termos relacionados co ámbito dos videoxogos como 'gamer' ou 'e-sports' e propuxo no seu lugar formas tipicamente francesas.

    Fonte: The Guardian

    31 de maio de 2022

    Despois dun completo estudo, a Real Academia Galega proporá que no Nomenclátor se produza un cambio de grafía no nome da parroquia carballesa para que pase a escribirse Verdillo, con uve.

    Fonte: Real Academia Galega

    31 de maio de 2022

    O Concello de Azkoitia modificou as bases para outorgar axudas por aprender éuscaro co obxectivo de garantir a gratuidade.

    Fonte: El Diario Vasco

    31 de maio de 2022

    O Consorcio para a Normalización Lingüística impulsa Totjoc, un programa de promoción do xogo en catalán, co que pretende facer máis visibles os seus obxectivos: fomentar o uso desta lingua a través de actividades lúdicas, dar a coñecer a oferta de xogos e xoguetes en catalán e colaborar coas empresas que o incorporan aos seus produtos.

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder