O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e o director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, participaron na inauguración da exposición itinerante «Compromiso na distancia», unha das iniciativas coas que a Xunta de Galicia celebra o ano de Florencio Delgado Gurriarán, figura destas Letras Galegas 2022.
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na presentación do novo ámbito dos estudos históricos e sociais do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, dependente da Xunta de Galicia.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Unha canción interpretada en corso pola cantante Doria Ousset gaña o festival Liet International que fomenta o uso das linguas minorizadas de Europa e que tivo lugar na localidade dinamarquesa de Tønder.
Fonte: Jornalet
O suahili, unha lingua bantú orixinaria do leste de África que naceu como un dialecto "escuro", é hoxe a lingua máis comunmente falada no continente africano con 200 millóns de falantes. Un importante movemento quere convertela na lingua franca de toda África.
Fonte: BBC News
O libro Viure a Catalunya. Vocabulari en imatges incorpora por primeira vez o ruso e o ucraíno, que se suman ao catalán, castelán, francés, inglés, italiano, alemán, árabe e chinés. Trátase dun vocabulario básico en imaxes que contén máis de 1000 palabras en catalán asociadas a unha ilustración e agrupadas por temas.
A Real Academia Española (RAE) e Amazon Web Services (AWS) presentaron en Madrid unha ferramenta de análise do español que permite examinar decenas de miles de documentos de Internet co obxectivo de valorar a situación desta lingua no mundo.
Fonte: Real Academia Española
Unha investigación realizada na Universidade de Helsinqui abordou a orixe e evolución das linguas urálicas e revelou que avatares demográficos drásticos influíron na difusión de idiomas como o finlandés, o estoniano e o húngaro.
Fonte: Science Daily
O comisario da Lingua Galesa, Aled Roberts, outorgou a distinción Cynnig Cymraeg a 29 empresas de todo o País de Gales que mostran un compromiso firme co uso e promoción da lingua galesa.
Fonte: Business Live
Xa se coñecen os proxectos gañadores do II Concurso de vídeos divulgativos en galego de química sostible, un certame organizado pola Universidade de Santiago de Compostela que busca promover a xeración de contidos científicos nesta lingua.
O Consello da Cultura Galega, o Instituto Ramon Llull, o Instituto Vasco Extepare e o Instituto Cervantes acordaron realizar un informe bianual sobre o estado das linguas galega, vasca e catalá, para o que constituirán unha comisión técnica de traballo.
Fonte: La Región
Boletín
Subscríbase ao boletín



