Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    25 de maio de 2022

    Pamplona acolleu a primeira edición de Euskara langai, un novo programa que pretende converterse nun punto de encontro para as empresas e as entidades con responsabilidade na xestión lingüística, ademais dun escaparate das súas boas prácticas.

    25 de maio de 2022

    A antoloxía bilingüe guaraní-galego Rosalía ñe’ë poravopyre (Escolma poética de Rosalía) recolle unha selección poética de Follas Novas, realizada pola poeta e tradutora paraguaia Susy Delgado.

    Fonte: Universidade de Vigo

    25 de maio de 2022

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na presentación do libro en galego Crónica dun peregrino singular da editorial Mundiediciones, editado no marco do Xacobeo 21-22 en colaboración coa Academia Xacobea e apoiado pola Xunta de Galicia.

    25 de maio de 2022

    A programación da Xunta no centenario de Luz Pozo Garza sumará máis dunha decena de actividades entre exposicións, un espectáculo musical sobre unha das súas obras, actividades académicas ou iniciativas no eido editorial.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    24 de maio de 2022

    O Goberno do País de Gales revelou un plan de 10 anos para incrementar o número de profesores e profesoras capaces de falar e impartir clases en lingua galesa.

    Fonte: Nation Cymru

    24 de maio de 2022

    O Ministerio de Cultura do Perú lanzou a campaña “Hablemos nuestras lenguas. El eco de los pueblos” coa que pretende fomentar e valorizar as linguas indíxenas que se falan no país andino. A campaña forma parte da Semana da Diversidade Cultural e Lingüística.

    Fonte: Swissinfo.ch

    24 de maio de 2022

    Aragón TV estrea A Escampar La Boira, o primeiro late night nas tres linguas que se falan nesta comunidade, que abordará temas de actualidade desde unha perspectiva dinámica, desenfadada e multilingüe.

    Fonte: El Periódico de Aragón

    24 de maio de 2022

    Segundo o último informe de European Lenguage Equality (ELE), existe unha fenda importante respecto ao catalán e o éuscaro en canto á presenza na web e en produtos e tecnoloxías desenvolvidos en galego.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    24 de maio de 2022

    Representantes de organizacións de comunidades con linguas cooficiais emitiron un comunicado conxunto no que lembran as súas propostas para que a nova Lei do audiovisual recoñeza a pluralidade lingüística como principio básico e iguale contidos e porcentaxes mínimas en todas estas linguas.

    Fonte: Galicia Confidencial

    24 de maio de 2022

    A Xunta e a Universidade de Santiago organizan unha xornada aberta ao público xeral, universidades, empresas e administracións públicas ao redor do Proxecto Nós de intelixencia artificial ao servizo da lingua galega, a iniciativa na que se está a traballar para acadar a total inclusión do galego no mundo dixital e tecnolóxico.

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder