Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    09 de febreiro de 2022

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na presentación do proxecto audiovisual Bailando o Camiño, un conxunto de audiovisuais que recollen tres danzas típicas da ruta do Camiño Vasco Interior: o txulalai, o galandún e a carballesa.

    09 de febreiro de 2022

    A Asociación Cultural Faceira denuncia que as partidas económicas dos Orzamentos Xerais do Estado destinadas á promoción das linguas protexidas pola Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias discriminan a promoción do leonés e o galego en Castela e León.

    Fonte: León Noticias

    09 de febreiro de 2022

    As Bases para un Acordo Educativo presentadas no Parlamento vasco aposta polo actual sistema de modelos lingüísticos para garantir o bilingüismo do alumnado ao finalizar a ESO.

    Fonte: Deia

    09 de febreiro de 2022

    Bankoa Abanca, BBVA, Caixabank, Kutxabank, Laboral Kutxa e Rural Kutxa son as seis entidades financeiras que subscribiron este convenio co Goberno vasco co obxectivo de impulsar o uso do éuscaro e garantir os dereitos lingüísticos da clientela.

    Fonte: Noticias de Gipuzkoa

    09 de febreiro de 2022

    A Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo convocará o I Premio de Investigación xurídica en lingua galega, un galardón destinado a estudantes de grao e mestrado de calquera universidade española que ten como obxectivo promover o uso do galego nos traballos de investigación deste eido.

    Fonte: Universidade de Vigo

    08 de febreiro de 2022

    O nheengatu ou tupí moderno foi unha lingua indíxena amplamente difundida no Brasil en tempos pasados. Hoxe está en perigo de extinción e un grupo de persoas da rexión amazónica brasileira decidiu crear a Academia da Lingua Nheengatu para promover o seu uso.

    Fonte: Terra

    08 de febreiro de 2022

    O Ministerio de Asuntos Exteriores e o Ministerio de Cultura de Portugal presentaron o seu Plan de Acción Cultural Externa para o ano 2022 que seguirá apostando pola valorización da lingua e cultura portuguesas alén fronteiras. 

    Fonte: República Portuguesa

    08 de febreiro de 2022

    Varias entidades impulsaron esta moción ao detectar incumprimentos do Regulamento de uso da lingua catalá, vixente no Concello de Sabadell desde o ano 2000. 

    Fonte: Plataforma per la Llengua

    08 de febreiro de 2022

    O convenio, cuxa duración é de catro anos, ten como obxectivo a organización de actividades destinadas a fomentar o coñecemento e o uso do valenciano no municipio de Algemesí.

    Fonte: El Periòdic

    08 de febreiro de 2022

    A Coordinadora de Traballadoras e Traballadores de Normalización da Lingua (CTNL) publicou na súa canle de YouTube as seis intervencións da última edición da iniciativa «LGx15. Ideas para o futuro da lingua», celebrada o 16 de outubro co obxectivo de recompilar experiencias e recomendacións para mellorar o futuro do galego.

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder