Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    12 de maio de 2022

    Un total de 160 comercios de Esparreguera  acaba de sumarse a un programa polo que se comprometen a garantir a atención en catalán á súa clientela, grazas ao que lucirán un adhesivo verde na fachada do negocio.

    Fonte: El LLobregat

    12 de maio de 2022

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na presentación do proxecto dixital “Memoria e patrimonio”, realizado ao abeiro do Fondo de Proxectos Culturais en lingua galega Xacobeo 2021-2022 da Xunta de Galicia.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    12 de maio de 2022

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, asistiu en Rodeiro á presentación do espectáculo musical Son galego, Son cubano, do cantante Roi Casal.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    12 de maio de 2022

    Google anunciou que engadiu 24 novas linguas ao seu repertorio de Google Translate. Entre estes idiomas destacan tres falados en América do Sur: guaraní, quechua e aimará.

    11 de maio de 2022

    O discurso de apertura do Parlamento de Irlanda do Norte incluirá propostas concretas que apostan pola aprobación de lexislación a prol da lingua gaélica neste territorio británico.

    Fonte: Belfast Telegraph

    11 de maio de 2022

    A Xunta de Galicia e a distribuidora alimentaria Vegalsa-Eroski colaboran un ano máis na promoción da lingua e a cultura galegas co gallo do Día das Letras. O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, presentou no hipermercado Eroski A Sionlla de Santiago de Compostela a nova campaña conmemorativa dirixida ao sector comercial, con bolsas da compra de papel e carteis coa imaxe de Florencio Delgado Gurriarán, autor homenaxeado neste 17 de maio.

    11 de maio de 2022

    O Centro de Interpretación do aragonés “Ana Abarca de Bolea” é o primeiro espazo estable para a investigación, promoción e difusión desta lingua, onde se dará a coñecer a súa historia e como se fala en cada un dos lugares nos que se conserva.

    Fonte: Diario del Alto Aragón

    11 de maio de 2022

    O Observatorio Nebrija do Español (ONE) nace para estudar esta lingua en relación coas migracións, os fluxos económicos e a cultura. O seu papel na selección de destino dos inmigrantes, o impacto económico, social e artístico das feiras de arte contemporánea en español ou o seu estudo na industria audiovisual son exemplos das investigacións que se levarán a cabo e que se darán a coñecer ao público a través da publicación regular de documentos de traballo ou artigos en revistas especializadas, entre outros.

    11 de maio de 2022

    O conselleiro navarro de Educación presentou Punttuka, o primeiro método de aprendizaxe de lectoescritura en éuscaro dirixido a alumnado de infantil e primaria, tanto en tinta como en braille.

    Fonte: Noticias de Navarra

    11 de maio de 2022

    A nova edición da campaña “Eskatu euskaraz eta saria irabazi”, á que se adheriron 28 establecementos, ten como obxectivo fomentar o uso do éuscaro en comercios, empresas de servizos e bares do municipio.

    Fonte: Noticias de Álava

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder