Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    08 de febreiro de 2022

    O Festival Kerouac chega a México co apoio do Goberno galego en dous actos presenciais onde a poesía salta aos escenarios e ás pantallas. Unha mostra variada da escena poética mexicana na que a poesía galega é tamén a protagonista da man de Fátima Delgado, familiar de Florencio Delgado Gurriarán, figura homenaxeada nestas Letras Galegas 2022.

    07 de febreiro de 2022

    Como cada 9 de febreiro, tanto Grecia como moitas comunidades gregas do mundo organizan actos para celebrar o Día Internacional da Lingua Grega. Este ano o tema escollido é "Lingua da ciencia, lingua do corazón".

    Fonte: ANSAmed

    07 de febreiro de 2022

    O Instituto Camões e Porto Editora renovaron por dous anos o seu acordo de cooperación no ámbito do programa Empresa Promotora da Lingua Portuguesa. A colaboración permitirá reforzar a estratexia de internacionalización do portugués.

    Fonte: Sapo

    04 de febreiro de 2022

    O País de Gales celebra a sétima edición do seu Día da Música en Galés co fin de honrar todos os xéneros musicais da lingua galesa e promover a súa difusión.

    Fonte: Tivy-Side Advertiser

    04 de febreiro de 2022

    Un estudo realizado polo Instituto Robert Koch de Alemaña determinou que o nivel educativo e a habilidade lingüística son algúns dos factores que inflúen na decisión de se querer vacinar.

    Fonte: The Mayor

    04 de febreiro de 2022

    A Iniciativa polo audiovisual en galego presentouse na Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela co obxectivo de reivindicar os dereitos desta lingua na nova Lei xeral de comunicación audiovisual que ultima o Goberno español.

    04 de febreiro de 2022

    Segundo un estudo sobre o impacto da segunda edición de Euskaraldia, celebrada no ano 2020, esta iniciativa afecta ao cambio de hábitos lingüísticos das persoas participantes, que experimentan, grazas ao proxecto, importantes avances no uso do éuscaro.  

    Fonte: Gobierno de Navarra

    04 de febreiro de 2022

    Centos de persoas concentráronse en Oviedo para reclamar a oficialidade das linguas de Asturias e esixir o recoñecemento dos dereitos lingüísticos da cidadanía asturiana.

    Fonte: Gente Digital

    04 de febreiro de 2022

    O BOP da Coruña publicou a Ordenanza municipal de normalización lingüística do Concello de Cabanas, na que se recollen as obrigas e as liñas de actuación que rexerán os usos lingüísticos da institución, así como das empresas adxudicatarias, concesionarias ou contratadas por ela.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    04 de febreiro de 2022

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na presentación da segunda entrega de Brincadeiras da lingua, unha serie de pílulas audiovisuais realizadas por Migallas Teatro ao abeiro do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder