Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    23 de maio de 2022

    O pobo orixinario de Liard, no territorio canadense de Yukon, no Canadá, lanzou unha aplicación para difundir e salvagardar a lingua nativa kaska.

    Fonte: CBC

    23 de maio de 2022

    O Parlamento de Portugal aprobou unha proposta do partido PAN (Persoas-Animais-Natureza) para permitir a contratación de 25 intérpretes de lingua de signos no servizo nacional de saúde.

    Fonte: Diário de Notícias

    23 de maio de 2022

    A Deputación da Coruña destina 125 000 euros para apoiar a distribución, comercialización e exhibición audiovisual en lingua galega na provincia, cun importe máximo por beneficiario de 30 000 euros.

    Fonte: Galicia Confidencial

    23 de maio de 2022

    Estas dúas liñas de axuda teñen como obxectivo aumentar a oferta de contidos audiovisuais en catalán: unha para estreas en sala, dirixida a empresas distribuidoras; e outra para dobraxe e subtítulos en catalán de longametraxes e series para plataformas dixitais e en soporte físico, destinada a empresas distribuidoras e estudios de dobraxe.

    23 de maio de 2022

    Un total de trinta centros educativos recibirá da Fundación Carulla 40 000 euros pola súa compoñente transformadora e por apostar pola arte, a cultura e o catalán como ferramentas de cambio.

    Fonte: La Vanguardia

    21 de maio de 2022

    Milleiros de persoas marcharon polas rúas da cidade norteirlandesa de Belfast para reclamar lexislación que protexa o gaélico irlandés e garanta dereitos para os seus falantes en Irlanda do Norte.

    Fonte: Irish Times

    21 de maio de 2022

    A Oficina Estatal Central de Croatas no Estranxeiro convoca unhas bolsas para o estudo e a aprendizaxe da lingua croata durante o curso 2022-2023. Todas as persoas croatas ou descendentes de familias croatas poden solicitar as axudas.

    Fonte: Total Croatia News

    21 de maio de 2022

    O proxecto de lei 96 do Goberno do Quebec outorgará maior protección para a lingua francesa nesta provincia canadense. Entre outras cousas, a nova lei pretende afirmar que a única lingua oficial e común no Quebec sexa o francés.

    Fonte: CBC

    20 de maio de 2022

    A biblioteca municipal de Maia, en Portugal, ofrece un curso de lingua portuguesa a persoas refuxiadas ucraínas co fin de facilitar a súa integración no país de acollemento.

    Fonte: Notícias Maia

    20 de maio de 2022

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, asistiu ao XIX Festival de Cine de Cans, no Porriño, que acolleu o encontro Cans do futuro, onde se proxectaron as curtas gañadoras nos premios audiovisuais REC.curta 2022, un certame que convoca Escolas Católicas co apoio da Xunta.

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder