Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    03 de xuño de 2022

    O Plan de fortalecemento do catalán no sistema universitario foi asinado por todas as universidades públicas e privadas, agás a Abat Oliba. O obxectivo deste plan é que en 2025 nas universidades o 80 % das clases se imparta nesta lingua.

    Fonte: El País

    03 de xuño de 2022

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, foi convidado ao colexio CEIP Plurilingüe Barrié de la Maza en Santa Comba para facer entrega dos premios do Concurso de Debuxo Pepe de Xan Baña nun acto en homenaxe ao escritor galego José Baña Pose, máis coñecido polo seu alcume.

    03 de xuño de 2022

    O Senado do Brasil escolleu un novo representante brasileiro na Comunidade de Países de Lingua Portuguesa. Juliano Féres Nascimento ocupará o cargo de representante permanente do Brasil nesta institución que ten como obxectivo a promoción e defensa da lingua portuguesa, entre outros.

    Fonte: Rádio Senado

    03 de xuño de 2022

    A carreira popular La Passem percorrerá 600 km por toda Occitania para reivindicar o uso e a transmisión da lingua occitana.

    Fonte: La Depeche

    02 de xuño de 2022

    O concurso literario AMIC-Ficcions 2022 fixo entrega en Barcelona do premio á Mellor Historia en catalán escrita polo alumnado de secundaria. O certame seleccionou 200 finalistas de entre 4493 participantes de 284 centros educativos de Cataluña, Illas Baleares, Comunidade Valenciana, Aragón e Cataluña do Norte

    02 de xuño de 2022

    O festival Youtubeiras chega á súa sexta edición para encher as redes de contidos audiovisuais en galego. Recupérase, ademais, a presencialidade tras dous anos de paréntese no encontro creativo e nas xornadas en centros educativos.

    Fonte: CulturaGalega

    02 de xuño de 2022

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, compartiu con outras comunidades o Proxecto Nós de intelixencia artificial ao servizo da lingua galega, a iniciativa na que a Xunta e as universidades galegas traballan para conseguir a presenza do galego nas contornas dixitais.

    01 de xuño de 2022

    A Asemblea Nacional de Nicaragua disolveu a Academia Nicaraguana da Lingua no marco dunha campaña do Goberno do ditador Daniel Ortega.

    Fonte: Gazeta do Povo

    01 de xuño de 2022

    Euskadi e Córsega inician un protocolo de intercambio de experiencias que permitirá que a rexión insular poida aprender do proceso de revitalización do éuscaro e aplicalo ás políticas de promoción da lingua corsa.

    Fonte: Swissinfo

    01 de xuño de 2022

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, asistiu á presentación da obra Palabras de piedra de Ginés Cruz, gañador do I Premio Asubío de Novela, Infancia e Xuventude pola Inclusión.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder