Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    08 de xuño de 2022

    A nova lei sobre o uso e a aprendizaxe das linguas oficiais na educación non universitaria axústase, de acordo co ditame do Consello de Garantías Estatutarias, á Constitución e ao Estatuto.

    Fonte: El Periódico

    08 de xuño de 2022

    A Academia Galega de Seguridade Pública convoca un curso superior e dous cursos medios de linguaxe administrativa galega dirixidos a policías locais, Garda Civil, Policía Nacional e Unidade da Policía Autonómica.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    08 de xuño de 2022

    A igrexa do Convento de Santa Clara de Pontevedra acollerá o acto de entrega dos III Premios Mil Primaveras, organizado pola Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua, uns galardóns que teñen como obxectivo poñer en valor proxectos que poidan servir de modelo de boas prácticas no ámbito da normalización lingüística.

    08 de xuño de 2022

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na presentación das xornadas «Id’ a San Momed», un encontro organizado polo Arquivo das Trasnas e Libraría Miranda co patrocinio da Xunta de Galicia.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    07 de xuño de 2022

    A xuventude de Guinea-Bissau séntese discriminada no seu propio país por falar portugués e crioulo xa que tanto as persoas francófonas como anglófonas se están a impor no mercado de traballo.

    Fonte: Observador

    07 de xuño de 2022

    A canle de televisión ucraína en lingua rusa February Morning, que emite eminentemente para unha audiencia rusa, ten o obxectivo de derrocar o líder ruso Vladimir Putin.

    Fonte: The Guardian

    07 de xuño de 2022

    Na Administración xeral do País Vasco, máis do 90 % do persoal interino acreditou o perfil lingüístico do seu posto, en función das características do servizo e o traballo que realizan,  o que garante a correcta execución en éuscaro das súas funcións.

    Fonte: El Diario

    07 de xuño de 2022

    Esta convocatoria, á que se destinaron 300 000 euros, está dirixida ás persoas adultas que queiran aprender éuscaro. As subvencións concederanse ás modalidades de internado, cursos extensivos e intensivos, autoaprendizaxe e cursos específicos.

    07 de xuño de 2022

    O documental Fálame sempre versa sobre a lingua galega no territorio do Bierzo e está dirixido por Umberto Corral. Trátase dun proxecto colectivo elaborado por un equipo pequeno que se desprazou por varias localidades da zona para coñecer a súa situación lingüística.  

    Fonte: El Bierzo Digital

    07 de xuño de 2022

    O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, e o delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, inauguraron na Biblioteca da Xunta en Ourense a exposición itinerante «Florencio Delgado Gurriarán. Bebedeira de ensoños», unha das máis de 150 actividades da programación institucional da Xunta nas Letras Galegas 2022.

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder