O Goberno navarro analizou co Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital as posibles vías de participación de Navarra no Proxecto Estratéxico para a Recuperación e Transformación Económica (PERTE) da nova economía da lingua.
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
O filme norteamericano Prey, secuela de Predator, converterase na primeira película dobrada ao idioma comanche e con opción de subtítulos nesta lingua.
Fonte: CBR
A Asemblea Xeral da ONU aprobou unha resolución impulsada por Colombia e Andorra onde fai un chamamento a todos os países do mundo para que protexan as súas linguas nativas.
Fonte: Swissinfo
VoiceOver, o principal lector de pantalla de Apple para persoas cegas ou con pouca visión, acaba de incorporar máis de vinte linguas, entre as que se atopan o galego, o éuscaro ou o catalán, así como o bengalí, o búlgaro, o ucraíno e o vietnamita.
Fonte: Generalitat de Catalunya
A Dirección Xeral de Política Lingüística do Principado promoveu a dixitalización das máis de 20 000 páxinas da publicación Les Noticies que ao longo de 16 anos (1996-2012) se converteu nun referente para os autores en lingua asturiana do momento. Agora forma parte dos fondos virtuais da Biblioteca de Asturias a colección de 770 exemplares deste semanario.
O Concello de Ames organiza a terceira edición da Festa do Apego, dirixida ao público infantil e ás súas familias para fomentar a transmisión interxeracional do galego e crear novos espazos para o seu uso no ámbito do lecer.
Fonte: Consello da Cultura Galega
O presidente da Real Academia Galega e o presidente do Senado reuníronse na sede da institución na Coruña para poñer en marcha políticas de colaboración que incidan na promoción da lingua e da cultura galegas da cara á sinatura dun convenio que permita reforzar o uso deste idioma dende a Cámara Alta.
A Generalitat de Cataluña convoca unha liña de axudas á tradución de obras non literarias ao catalán, á que destinará unha partida orzamentaria de 260 000 € e que está destinada a editoriais que, grazas a esta convocatoria, poderán subvencionar o 70 % do custo do proxecto.
Partekatu é unha web para aprender éuscaro en liña e de xeito sinxelo. Contén decenas de artigos divididos en tres categorías que responden dúbidas sobre esta lingua: gramática, vocabulario e blog.
Fonte: Gasteiz Hoy
O Congreso dos Deputados rematou a tramitación parlamentaria da Lei xeral de telecomunicacións que, entre outras cuestións, obriga a que os servizos de atención á clientela deberán ofrecerse en castelán e na lingua oficial da comunidade autónoma correspondente.
Fonte: Congreso de los Diputados
Boletín
Subscríbase ao boletín


