O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou no auditorio de Afundación na entrega do Premio de Novela Camiño de Santiago que nesta segunda edición recaeu na obra Cruzados polo camiño. Conxecturas compostelás sobre un Papa ilustrado, de José G. Barral.
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
A Asociación Cultural Catalonia de São Paulo (Brasil) ofrecerá a partir de finais de xuño novas clases de lingua catalá de nivel básico e inicial.
Fonte: Aqui Catalunha
A Corte Suprema de Xustiza de Chile acolleu a constitución oficial da Rede Panhispánica de Linguaxe Clara (Red-PHLEC), un proxecto impulsado pola Real Academia Española (RAE) desde a presidencia da Asociación de Academias da Lingua Española (ASALE) co obxectivo de impulsar unha linguaxe clara e accesible en todo o mundo hispanofalante.
Fonte: Fundéu
Segundo se desprende dos resultados da medición do uso das linguas na rúa de 2021, o uso do éuscaro incrementouse en Tolosa nos últimos 36 anos e alcanza case o 51 %, a porcentaxe máis alta desde que se realizan as medicións, e supera por vez primeira vez o castelán.
Fonte: Tolosako Udala
Trátase dunha compilación de recursos multimedia que foran difundidos de xeito individual nas redes sociais e que agora se atopan reunidos nunha mesma páxina web. A través dunha serie de imaxes interactivas preténdese divulgar terminoloxía básica de diferentes áreas temáticas.
Fonte: Consello da Cultura Galega
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, asistiu ao acto do Día da Galeguidade Empresarial que promove o Foro Enrique Peinador e que este ano se levou a cabo nas instalacións da empresa Seguridade A1 de Santiago de Compostela.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A ministra de Educación Básica da República de Suráfrica, Angie Motshekga, anunciou que o goberno surafricano está a elaborar un plan para introducir a instrución en nove linguas nativas a partir do terceiro curso do ensino básico.
Fonte: Business Tech
O Consello de Europa ditaminou no seu último informe que a falta de coordinación entre entidades de distinto nivel continúa impedindo o incumprimento da Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias en Bosnia e Hercegovina.
Fonte: Council of Europe
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, asistiu na Cidade da Cultura á entrega da primeira edición dos Premios #DígochoEu organizados pola Corporación Radio e Televisión de Galicia, S.A. (CRTVG) e o espazo divulgativo en galego #DígochoEu, que ten como finalidade achegar a lingua galega dunha forma dinámica e entretida.
Alumnado de Enxeñaría Forestal e de Estudos da Literatura e da Cultura presentaron as conclusións da investigación sobre o patrimonio toponímico e cultural da zona de Leiro, en Rianxo, que realizaron grazas aos de testemuños recompilados na parroquia.
Boletín
Subscríbase ao boletín





