A enquisa "Confederation of Tomorrow", realizada no Quebec, revela que nunca antes a cidadanía quebequesa se mostrou tan pesimista sobre o futuro da lingua francesa.
Fonte: Policy Options
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
A enquisa "Confederation of Tomorrow", realizada no Quebec, revela que nunca antes a cidadanía quebequesa se mostrou tan pesimista sobre o futuro da lingua francesa.
Fonte: Policy Options
O Departamento de Cultura da Generalitat de Cataluña destinará 36,9 millóns de euros ao sector audiovisual este ano para poñer en valor o seu cine e dobrará as axudas a series nesta lingua.
Fonte: La Vanguardia
A Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes da Universidade de Alacant crea o portal Acadèmia Valenciana de la Llengua co obxectivo de acoller e difundir fondos, material e contidos científicos relacionados coa lingua, a literatura e a cultura valencianas.
Fonte: elperiodic.com
A Real Academia Galega expresa o seu pesar polo pasamento de Celia Teixeiro, viúva do protagonista do Día das Letras Galegas 2022, Florencio Delgado Gurriarán. De orixe galega, Celia Teixeiro nacera había 96 anos en Cuernavaca (México) e casou co poeta valdeorrés en 1944.
Fonte: Real Academia Galega
O director do Instituto Cervantes, Luis García Montero, defendeu que o Brasil analice a posibilidade de reimplantar a chamada Lei do Español, que obrigaba as escolas a ofreceren o ensino do español como segundo idioma.
Fonte: UOL
Nélida Piñón, unha das escritoras brasileiras de maior traxectoria, decidiu deixar a súa biblioteca persoal de 8000 libros ao Instituto Cervantes do Río de Xaneiro.
Fonte: Correio do Povo
A Real Academia Galega acaba de completar a incorporación da práctica totalidade das obras que editou, dende a súa fundación en 1906, á sección de publicacións dixitais da súa páxina web. As novas achegas son en total 177 títulos con preto de 37 000 páxinas que abranguen desde o primeiro dicionario da RAG (1913-1928) ata discursos de ingreso na Academia e as distintas normas da lingua, entre outros traballos.
O proxecto Corpus Documentale Latinum Gallaeciae (CODOLGA), que se desnvolve no marco dun convenio existente entre a USC e o Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, presentou unha nova versión da súa base de datos, a número 18, nun acto ao que asistiron, entre outros, Valentín García, secretario xeral de Política Lingüística e Xosé Carracedo Fraga, director do CODOLGA.
As subvencións a empresas e asociacións que traballan en valenciano e os Premios Literarios Ciudad de Sagunto son as dúas convocatorias anuais que publica o Gabinete de Promoción do Valenciano do Concello de Sagunto e que estarán abertas ata o 25 de xullo. Con esta iniciativa, o departamento busca normalizar a lingua no ámbito cultural, asociativo e económico.
Fonte: elperiodic.com
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e o delegado da Xunta, Gonzalo Trenor, inauguraron na Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés a mostra itinerante Compromiso na distancia, dedicada a Florencio Delgado Gurriarán, homenaxeado este ano polo Día das Letras Galegas.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Subscríbase ao boletín