Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    28 de xuño de 2022

    O Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Vitoria anulou o devandito plan pola súa incidencia en dous aspectos vinculados ás condicións de traballo do persoal: a necesidade de avanzar 15 puntos no éuscaro como lingua de traballo e o paso dun 60,48% a un 69,86% de preceptividade.

    Fonte: La Vanguardia

    28 de xuño de 2022

    Os Gobernos de Navarra e o País Vasco e mais a Oficina Pública da Lingua Vasca asinaron o anexo de 2022 do Protocolo xeral para a promoción do éuscaro co que acordaron as actuacións para este ano en áreas como o ensino desta lingua a persoas adultas, o fomento do seu uso, a promoción do idioma ou o impulso de estudos sociolingüísticos.

    28 de xuño de 2022

    O Instituto do Patrimonio Histórico e Artístico Nacional do Brasil incluirá a lingua indíxena aikaná no Inventario Nacional de Diversidade Lingüística (INDL, polas súas siglas en portugués) para realizar as pertinentes accións de salvagarda e promoción.

    Fonte: Governo Federal 

    27 de xuño de 2022

    Ambas as entidades colaborarán para fomentar o uso do éuscaro no ámbito da profesión farmacéutica e da farmacia comunitaria e para difundir entre o alumnado da Facultade de Farmacia a oferta formativa, as convocatorias de premios e outras accións de interese.  

    Fonte: Comunicae

    27 de xuño de 2022

    A web, que puxo en marcha a Dirección Xeral de Política Lingüística a finais de 2016, recibiu nestes anos máis de tres millóns de visitas e unha media diaria de 3500. Contén información sobre o aragonés e o catalán de Aragón, recursos didácticos, toponimia, documentación etc.   

    Fonte: AraInfo

    27 de xuño de 2022

    A asociación Faladoiros organizaba reunións para falar de diferentes temas en galego, uns encontros que se interromperon a causa da covid-19. Por este motivo, pasaron ao formado de videoconferencia grazas ao que comezaron a participar xentes de dentro e de fóra de Galicia.

    Fonte: Galicia Confidencial

    27 de xuño de 2022

    A plataforma Tripadvisor outorgoulle o galardón Traveller's Choice ao proxecto Guido Guía, que desenvolve o seu traballo en Lugo e emprega a lingua galega. Trátase dun premio que reciben anualmente o 10 % dos negocios con mellores críticas.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    27 de xuño de 2022

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou xunto á Fundación Repsol na presentación da XVI convocatoria do Premio Narrativa Breve en lingua galega, co que se busca promover a creación literaria en lingua galega.

    27 de xuño de 2022

    O filme en gaélico irlandés An Cailín Ciúin está a bater récords de recadación na República de Irlanda e o Reino Unido. Desde que se estreou hai un mes, o filme recadou máis de 600 000 euros.

    Fonte: The Guardian

    27 de xuño de 2022

    Unha nena portuguesa de nove anos creou unha petición en liña para que a lingua de signos portuguesa poida converterse en disciplina que se imparta nas escolas.

    Fonte: CNN Portugal

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder