A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades publica dúas convocatorias para cubrir seis bolsas de formación nos lectorados de lingua, literatura e cultura galegas das universidades do Algarve, Berlín, Padua, Río de Janeiro, Roma e Zadar; así como cinco prazas nos lectorados das universidades de Heidelberg, Kiel, Miño, Varsovia e País Vasco.
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
A conselleira de Xustiza afirmou que se lles esixirá aos profesionais do ámbito xudicial que traballan en Cataluña o nivel C1 de catalán, algo que xa acontece na Comunidade Valenciana.
Fonte: El Nacional
Segundo un estudo, o emprego do éuscaro en Navarra sufriu un descenso de 0,8 puntos respecto a 2016. Como dato positivo sinálase un incremento no número de falantes entre a poboación máis nova, o que podería considerarse un sinal de recuperación social desta lingua.
Fonte: El Diario
Esta convocatoria de axudas, que conta cunha dotación de 175 000 euros, ten como obxectivo fomentar o uso do catalán no ámbito tecnolóxico e está dirixida a empresas que queiran ofrecer produtos dixitais con versión nesta lingua.
Fonte: Generalitat de Catalunya
A presentación da iniciativa "Videoconsellos: o comercio local sabe de que fala" parte con vinte audiovisuais xa editados, aos que se sumarán novos vídeos, cos que se pretende poñer en valor a calidade a proximidade do comercio local, na que o uso do galego desempeña un papel fundamental.
A Deputación de Pontevedra publicou a resolución que inclúe unha subvención á Universidade de Vigo para elaborar un proxecto sociolingüístico e axudas aos concellos para os seus servizos de normalización lingüística ou para actividades de dinamización do galego.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Xosé Manuel Beiras Torrado recibiu o V Premio Luis Porteiro Garea polo seu importante traballo a prol da lingua galega tanto nas súas facetas de docente e investigador, coma na de xestor académico na Universidade de Santiago.
O Centro Dramático Galego (CDG), unidade de produción teatral da Xunta de Galicia, iniciou a súa participación no proxecto europeo Phone, no que estruturas teatrais de sete países desenvolven varias iniciativas conxuntas para a posta en valor de linguas minoritarias a través das artes escénicas.
Xa está aberto o prazo para que as entidades sen ánimo de lucro soliciten axudas para proxectos de fomento do catalán. Esta convocatoria ten como obxectivo promover actuacións en ámbitos como o laboral e empresarial, dixital, sociosanitario, deportivo, cultural e de lecer.
Fonte: Generalitat de Catalunya
Despois dun ano de mobilizacións, as escolas vascofrancesas de Larrau, Barcus e Irissarry abrirán novas liñas educativas de inmersión en éuscaro. No caso das dúas primerias será no ensino infantil e no caso da terceira no ensino primario.
Fonte: Sud Ouest
Boletín
Subscríbase ao boletín



