Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    06 de xullo de 2022

    O Concello de Vigo presentou unha nova edición do programa “No verán… un conto”, co obxectivo de fomentar o uso do galego no ámbito do lecer a través de actividades destinadas ao público infantil, familiar e adulto.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    06 de xullo de 2022

    O Concello de Silleda convida os establecementos comercias do municipio a sumarse á súa campaña "Rebaixas. O meu comercio, en galego!", grazas á que poderán contar con carteis en galego para anunciar o período de rebaixas.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    06 de xullo de 2022

    O partido galés Plaid Cymru pide ao Goberno do País de Gales que apoie a iniciativa que aspira a que esta nación do Reino Unido se poida presentar por separado ao festival de Eurovisión. O partido espera ademais que esta iniciativa permita visibilizar a lingua galesa internacionalmente.

    Fonte: Escextra 

    05 de xullo de 2022

    O Plan de acción para a promoción do éuscaro de Ordizia mostra o compromiso da Administración local co impulso da promoción do uso desta lingua en todos os ámbitos e sectores do municipio, entre os que o deporte se sitúa como prioritario.

    Fonte: El Diario Vasco

    05 de xullo de 2022

    O Voluntariado pola Lingua superou xa as 158 000 parellas lingüísticas desde que se iniciou o programa en 2003. Destas, 7351 creáronse en 2021, unha cifra que se incrementou con respecto ao ano anterior.

    Fonte: Generalitat de Catalunya

    05 de xullo de 2022

    A Liña de Apoio á Tradución e Edición (LATE) abrangue este ano 127 títulos escritos en portugués e traducidos a 32 linguas de 34 países. A Dirección Xeral do Libro, dos Arquivos e das Bibliotecas (DGLAB), e o Camões - Instituto da Cooperación e da Lingua, promoven esta iniciativa.

    Fonte: Rádio Comercial

    04 de xullo de 2022

    O Goberno do Principado porá en marcha a Oficina de Dereitos Lingüísticos que centralizará a xestión de todas as queixas, suxestións ou solicitudes de información ou de asesoramento presentadas pola cidadanía en materia lingüística.

    Fonte: La Voz de Asturias

    04 de xullo de 2022

    Os responsables de Política Lingüística dos gobernos de Baleares, Cataluña e a Comunidade Valenciana reuníronse para abordar, entre outros temas, a necesidade de presentar proxectos conxuntos ao PERTE «Nova economía da lingua», cuxo obxectivo é converter as linguas oficiais en elementos tractores da transformación dixital.  

    04 de xullo de 2022

    A de Santiago de Compostela é unha das nove universidades seleccionadas pola Generalitat de Cataluña nunha proba piloto para potenciar os cursos iniciais da lingua catalá dirixida a estudantes universitarios de programas de mobilidade.

    Fonte: Universidade de Santiago de Compostela

    04 de xullo de 2022

    Falantes de galés en Gales expresaron a súa indignación despois de que unha empresa decidise rexistrar comercialmente a palabra "cariad", que significa "amor".

    Fonte: NZ Herald

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder