O lexicógrafo Isaac Alonso Estraviz recibiu a Medalla de Ouro da provincia de Ourense por toda a súa traxectoria intelectual dedicada á defensa da lingua galega.
Fonte: Cultura galega
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
O lexicógrafo Isaac Alonso Estraviz recibiu a Medalla de Ouro da provincia de Ourense por toda a súa traxectoria intelectual dedicada á defensa da lingua galega.
Fonte: Cultura galega
Un estudo publicado na revista científica Nature Human Behaviour revelou que as persoas neonatas poden aprender e procesar sons lingüísticos desde os primeiros momentos de vida.
Fonte: The Conversation
O Goberno do País de Gales apoia un ambicioso plan que reforzará os piares económicos das zonas de Gales onde é maior a porcentaxe de falantes de galés.
Fonte: Insider
O Goberno balear pide á sociedade que grave as súas voces para crear unha base de datos que se facilitará ás empresas tecnolóxicas co obxectivo de que os dispositivos electrónicos entendan o catalán en toda a súa diversidade lingüística.
Fonte: Diario de Mallorca
Plataforma pola Lingua reclama á Consellería de Sanidade Universal que investigue o caso no que un médico do centro de saúde de Quart de Poblet (Valencia) se negou a atender un paciente falante de valenciano, incluso despois de que comezase a expresarse en castelán.
Fonte: 20 minutos
Xa pode consultarse na páxina web da Real Academia Galega a Guía de nomes galegos, un recurso en liña coa forma estándar de máis de 1500 antropónimos que forman parte da tradición galega, moitos deles desde a Idade Media.
Fonte: Real Academia Galega
O Partido Popular criticou que a concellaría de Cultura de Baiona permitise que o humorista Quico Cadaval se expresase integramente en lingua galega nun monólogo que tivo lugar nunha actuación enmarcada na programación cultural do concello.
Fonte: Praza Pública
O censo alcanza este ano a cifra de 303 entidades, que pertencen, entre outros, ao ámbito cultural, ao científico, ao tecnolóxico, ao da integración social, ao do ocio e do deporte.
Fonte: Generalitat de Catalunya
O actual goberno socialdemócrata de Suecia anunciou que quere introducir probas de coñecemento de lingua e cultura suecas para aquelas persoas que queiran optar á residencia permanente.
Fonte: The Local
Como parte do seu programa de adaptación e integración en Estonia, as persoas refuxiadas procedentes de Ucraína deberán facer unha formación obrigatoria de lingua estoniana.
Fonte: ERR
Subscríbase ao boletín