Ambos os gobernos chegaron a un acordo para desxudicializar a política e para fomentar e protexer o catalán, con maior autonomía para os centros educativos en Cataluña e a promoción do seu uso no Parlamento Europeo.
Fonte: La Vanguardia
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
Ambos os gobernos chegaron a un acordo para desxudicializar a política e para fomentar e protexer o catalán, con maior autonomía para os centros educativos en Cataluña e a promoción do seu uso no Parlamento Europeo.
Fonte: La Vanguardia
O Campus de Huesca anunciou en febreiro a implantación dunha materia complementaria de Lingua Aragonesa para o alumnado de calquera grao. Agora vai ampliar esta oferta para o curso 2022-2023, con dous niveis formativos ao longo dos dous semestres do período académico.
O concurso Galeguizando Tik Tok ten como obxectivo fomentar o uso do galego nas novas tecnoloxías e chegar á xente nova dunha maneira lúdica. Así, os vídeos participantes deberán estar nesta lingua, ter como temática o Día da Patria Galega e seguir o formato da app Tik Tok.
Fonte: Código Cero
O Boletín Oficial da Provincia da Coruña publicou a aprobación definitiva da Ordenanza de normalización lingüística do Concello de Neda, que declara o galego como idioma oficial desta Administración.
Fonte: CTNL
A campaña "Toponízate. Falámosche dos nomes da túa terra" coordinada pola Real Academia Galega en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística chega a Chandrexa de Queixa cunha charla sobre como protexer os microtopónimos do seu territorio e o funcionamento da aplicación colaborativa Galicia Nomeada.
Fonte: O Sil
Un dúo de dj holandeses con máis de 900 000 seguidores nas redes versionaron a canción 'Morriña' de Baiuca no Parookaville, un dos festivais de electrónica máis importantes de Europa.
Fonte: Galicia Confidencial
As historias gañadoras do V Concurso de microrrelatos da Real Academia Galega e PuntoGal xa poden lerse en academia.gal e relatos.gal. As entidades convocadoras entregaron os galardóns nun acto na sede da RAG no que as persoas gañadoras leron os seus respectivos textos.
Fonte: Real Academia Galega
O catedrático da USC e investigador do Instituto de Materiais (iMATUS), Jorge Mira, e o científico Luís F. Seoane do Centro Nacional de Biotecnoloxía do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC), analizaron nun artigo de investigación publicado na revista The European Physical Journal Plus, como se foi producindo a evolución lingüística en Bélxica.
O Padroado da Cultura Galega de Montevideo celebrou o Día Nacional de Galicia cunha conferencia de Carlos Zubillaga sobre a presenza galega en Uruguai e a inauguración dunha mostra bibliográfica dos seus traballos sobre este tema.
Fonte: Real Academia Galega
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na presentación dun novo libro dos Bolechas que está dedicado ao Museo do Mar de Galicia e co que as crianzas poderán embarcarse dun xeito lúdico e didáctico no coñecemento da actividade mariñeira.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Subscríbase ao boletín