Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    29 de xullo de 2022

    Un grupo de neurocientíficos do Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts (MIT, polas súas siglas en inglés) e da Universidade de Harvard descubriron que unha determinada zona do cerebro é utilizada para o procesamento da linguaxe en decenas de linguas diferentes.

    Fonte: Canaltech

    29 de xullo de 2022

    España ten a intención de presentar unha solicitude oficial para que o catalán se converta nunha lingua máis de uso no Parlamento Europeo. Posteriormente, podería ampliar esta solicitude a outras linguas como o galego ou o éuscaro, se os gobernos das respectivas comunidades autónomas así o demandan.

    29 de xullo de 2022

    A deputada de Lingua na Deputación de Pontevedra, María Ortega, e a presidenta da Organización de Diversidade Sensorial de Galiza (Xoga), María Jesús Monterde, presentaron na Deputación de Pontevedra o Informe cero de análise preliminar para a revitalización da lingua de signos galega (LSG).

    Fonte: Pontevedra Viva

    29 de xullo de 2022

    As entidades financeiras que van crear espazos para o uso do éuscaro son as seguintes: Bankoa-Abanca, BBVA, Caixabank, Caja Rural de Navarra, Kutxabank e Laboral Kutxa. Comprométense, así mesmo, a incrementar o emprego desta lingua coa clientela e a participar na terceira edición de Euskaraldia.

    29 de xullo de 2022

    A Asociación de Entidades Locais pola Lingua Galega (Alingua) creou unha lista de reprodución colectiva coa mellor música en galego que, de momento, inclúe 60 temas musicais pero que irá aumentando coas recomendacións das persoas que desexen enviarlle as súas propostas a esta entidade.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    29 de xullo de 2022

    A Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Dirección Xeral de Formación Profesional resolveron a convocatoria para a realización de proxectos de innovación educativa en dinamización lingüística. Os cinco centros públicos premiados recibirán unha dotación económica de 2000 euros.

    29 de xullo de 2022

    Unha enquisa realizada no municipio norteirlandés de Belfast mostrou que hai suficiente apoio para aplicar a política bilingüe inglés-gaélico para os nomes das rúas. Coa nova política, só é preciso que un 15% das persoas residentes nunha zona estean a favor da dualidade de nome para que este se aprobe oficialmente.

    Fonte: Belfast Live

    29 de xullo de 2022

    Un proxecto de colaboración entre a Universidade de Harvard e a editora Oxford University Press permitirá que saia á luz o Dicionario Oxford do Inglés Afroamericano, o primeiro que aposta por esta variedade da lingua inglesa.

    Fonte: NPR 

    28 de xullo de 2022

    A Secretaría Xeral de Política Lingüística resolveu a convocatoria de axudas ás entidades locais, destinadas á creación, mantemento ou reforzamento dos seus servizos de normalización lingüística, así como ao desenvolvemento de programas de dinamización lingüística.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    28 de xullo de 2022

    O Pleno da Corporación aprobou as bases para a concesión de subvencións á poboación de Beasain que estude éuscaro nos euskaltegis o próximo curso e que estarán destinadas a persoas maiores de 16 anos que estean empadroadas no municipio.  

    Fonte: Noticias de Gipuzkoa

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder