A canle LaLiga SmartBank TV ofrecerá a opción de acceder á narración e aos comentarios das retransmisións dos partidos de fútbol da Segunda División da tempada 2022-2023 en todas as linguas cooficiais.
Fonte: Asturies.com
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
A canle LaLiga SmartBank TV ofrecerá a opción de acceder á narración e aos comentarios das retransmisións dos partidos de fútbol da Segunda División da tempada 2022-2023 en todas as linguas cooficiais.
Fonte: Asturies.com
O Concello de Santurtzi impulsará o coñecemento e o uso do éuscaro no municipio mediante a concesión de axudas entre a poboación que cursou estudos para aprender esta lingua.
Fonte: Deia
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, asistiu no Pazo de San Roque á presentación das XVII Xornadas Xacobeas Mar por Medio que a Academia Xacobea, en colaboración coa Xunta de Galicia, a Deputación da Provincia de Lugo e o Concello de Ribadeo organiza os días 16, 17 e 18 de setembro na vila de Ribadeo.
Dentro do seu plan de acción que promove o ensino en occitano na educación secundaria, a Oficina Pública da Lingua Occitana aposta agora pola introdución desta lingua no ensino universitario.
Fonte: Jornalet
Un grupo de investigadores e investigadoras procedentes de Australia desenvolveron un sistema de comunicación tomando como base unha lingua indíxena do Territorio do Norte de Australia. Este novo sistema permitirá axilizar a comunicación entre as persoas e as máquinas.
Fonte: ABC
A Casa das Linguas da Universidade de Oviedo ofertará para o curso 2022-2023 a ensinanza de 15 idiomas entre os que non figura o asturiano que se substituíu polo ucraíno.
Fonte: Asturies.com
A LXV Feira Internacional de Mostras de Asturias (FIDMA) celebrará o 20 de agosto o Día da Lingua Asturiana que se suma ás xornadas dedicadas ao deporte, as persoas maiores, o transporte...
Fonte: Asturies.com
A Asociación Sindical Galega de Guionistas convoca a cuarta edición do Premio Daniel Domínguez de guión en galego para longametraxe, un certame que ten como obxectivos fomentar o uso do galego no audiovisual, darlles visibilidade aos autores que escriben nesta lingua e difundir o traballo dos socios desta entidade.
Áurea, un municipio brasileiro de Río Grande do Sur, recoñeceu a lingua polaca como oficial xunto ao portugués, en recoñecemento da súa importante comunidade polaca.
Fonte: Notes from Poland
A ministra de Saúde do Goberno do País de Gales, Eluned Morgan, anunciou un novo servizo de asistencia que garantirá a atención sociosanitaria en lingua galesa.
Fonte: Wales247
Subscríbase ao boletín