Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    08 de agosto de 2022

    Augúrase que en 2060 Estados Unidos pode converterse no país do mundo con máis falantes nativos de español. No caso de Guinea Ecuatorial, este é o único país en África onde é oficial. Pola contra, en Marrocos apenas o 1 % da poboación sabe falalo e en Filipinas perde forza fronte ao inglés.  

    Fonte: Fundéu

    05 de agosto de 2022

    A asociación a prol da lingua galesa Cymdeithas yr Iaith Gymraeg pediu ao Goberno do País de Gales que todas as escolas poidan ser de inmersión en galés a parir de 2050.

    Fonte: Nation Cymru

    05 de agosto de 2022

    O ministro de Educación de Estonia, Tõnis Lukas, propuxo unha revisión da política de ensino da primeira lingua estranxeira no país báltico. Até este momento, o ruso é a primeira lingua estranxeira que se ensina nas escolas estonianas mais isto responde, segundo o ministro, máis a un hábito que a unha necesidade.

    Fonte: Baltic News Network

    05 de agosto de 2022

    O sindicato universitario do Reino Unido UCU lamenta que a Universidade Leeds Beckett decidise pechar todos os estudos de linguas modernas a partir do novo semestre.

    Fonte: UCU

    05 de agosto de 2022

    O Concello de Estella-Lizarra aprobou a concesión de axudas económicas para campamentos de verán en éuscaro e para a súa aprendizaxe por parte de persoas maiores de 16 anos.

    Fonte: Ayuntamiento de Estella-Lizarra

    05 de agosto de 2022

    O Concello do Porriño editou a súa primeira Guía de linguaxe inclusiva, un documento práctico que ten como obxectivo erradicar o sexismo e calquera tipo de discriminación do que se repartirán 500 exemplares entre a veciñanza e o persoal municipal.

    Fonte: Concello do Porriño

    05 de agosto de 2022

    O Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra publicou as subvencións concedidas a entidades sen ánimo de lucro para a realización de actividades de dinamización da lingua galega tramitadas desde servizos lingüísticos da institución provincial.

    Fonte: Deputación de Pontevedra

    05 de agosto de 2022

    A Universidade de Madeira (Portugal) oferta a partir do outono un curso de portugués como lingua non materna.

    Fonte: Dnoticias

    04 de agosto de 2022

    A canle LaLiga SmartBank TV ofrecerá a opción de acceder á narración e aos comentarios das retransmisións dos partidos de fútbol da Segunda División da tempada 2022-2023 en todas as linguas cooficiais.

    Fonte: Asturies.com

    04 de agosto de 2022

    O Concello de Santurtzi impulsará o coñecemento e o uso do éuscaro no municipio mediante a concesión de axudas entre a poboación que cursou estudos para aprender esta lingua.  

    Fonte: Deia

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder