Esta guía inclúe as principais ferramentas ofimáticas en galego e explica a súa función, engadindo infografías sobre como instalalas ou manexalas paso a paso, ademais de aceptar suxestións das persoas usuarias.
Fonte: Neofalantes
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
Esta guía inclúe as principais ferramentas ofimáticas en galego e explica a súa función, engadindo infografías sobre como instalalas ou manexalas paso a paso, ademais de aceptar suxestións das persoas usuarias.
Fonte: Neofalantes
O viceprimeiro ministro permanente de Vietnam, Pham Binh Minh, escolleu o 8 de setembro para celebrar cada ano o Día do Idioma Vietnamita para honrar esta lingua na comunidade vietnamita que vive no estranxeiro.
Fonte: Vietnam+
Identidades-Festival Internacional de Artes Escénicas no Deserto de Atacama chega á súa VIII edición que se celebrará en Antofagasta e San Pedro de Atacama entre o 1 e o 8 de outubro e que se centrará na promoción de linguas indíxenas como o ckunsa, o quechua, o rapanui, o mapudungun ou o inuit.
O FESTIn – Festival de Cinema Itinerante da Lingua Portuguesa chega á súa 13ª edición á que se poderán presentar longametraxes de animación ou ficción, documentais e curtametraxes que deben estar obrigatoriamente en portugués.
O colectivo Agerraldia organiza en Bardenas a carreira Santxikorrota para promover o coñecemento do éuscaro e fomentar actitudes favorables cara a esta lingua. A proba celebrarase o 2 de outubro e percorrerá 20 quilómetros.
Fonte: Noticias de Navarra
O 4 de setembro finaliza o prazo de matrícula para a aprendizaxe do éuscaro por parte de persoas adultas no Euskaltegi Zubiarte de Huarte / Uharte no curso 2022-2023.
Fonte: Gobierno de Navarra
A Xunta de Galicia mantivo unha primeira toma de contacto coa asociación cultural Patrimonio Laurentino co obxectivo de comezar a traballar nas actividades culturais que acollerá Vilanova de Lourenzá, co gallo da celebración das Letras Galegas do ano 2023, dedicadas a Francisco Fernández del Riego.
O rock en lingua asturiana será o protagonista dunha das xornadas do Kuivi Pop UP, que se celebra en Oviedo, a través de tres grupos: Dixebra, Skama la Rede e Ochobre.
Fonte: Asturies.com
O Curso de Verão Luso-Austríaco, que se celebra desde 2001, durou dúas semanas durante as que dez estudantes austríacos e dez estudantes portugueses afondaron nos seus coñecementos sobre a lingua, a historia e a cultura de ambos os países.
Carlos callón partirá da súa obra O libro negro da lingua galega para impartir en tres universidades brasileiras un ciclo de conferencias sobre a represión do galego.
Fonte: Galicia Confidencial
Subscríbase ao boletín