O 23 de setembro celébrase en todo o mundo o Día Internacional das Linguas de Signos, conmemorado polas Nacións Unidas para promover a identidade lingüística e diversidade cultural das persoas xordas.
Fonte: Nações Unidas
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
O 23 de setembro celébrase en todo o mundo o Día Internacional das Linguas de Signos, conmemorado polas Nacións Unidas para promover a identidade lingüística e diversidade cultural das persoas xordas.
Fonte: Nações Unidas
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na inauguración das Xornadas Xacobeas Mar por medio, o Camiño do Século XXI, organizadas pola Academia Xacobea co apoio da Xunta en Ribadeo.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Entre as novidades do borrador do novo decreto que regula o proceso de normalización do éuscaro no sector público, proponse diferenciar os niveis de expresión oral e escrita asignados a cada posto de traballo e poder establecer un perfil lingüístico intermedio.
Fonte: Noticias de Álava
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou en Bueu na presentación do Caderno FICBUEU#3, un volume que baixo o título As prácticas do Instituto de Investigacións e Experiencias Cinematográficas e a Escola Oficial de Cinematografía como primordio dun novo cinema español (1947-76) recolle a historia das curtametraxes creadas nesta institución académica que marcou a semente dunha nova xeración de cineastas.
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na Facultade de Linguas Modernas da Universidade de Varsovia no acto de inauguración do XIII Congreso da Asociación Internacional de Estudos Galegos (AIEG) Abrindo rutas, expandindo camiños. Novas perspectivas e interseccións nos estudos galegos.
O municipio da capital norteirlandesa de Belfast recibiu un gran número de peticións para que se implanten sinais bilingües nas rúas da cidade.
Fonte: Belfast Live
A Consellería de Investigación e Universidades modificou o deseño desta web para facelo máis interactivo e incorporar recursos en liña para que o alumnado aprenda catalán e teña acceso a información sobre cursos e programas de acollida lingüística.
Fonte: La Vanguardia
O Goberno vasco anunciou que vai recorrer a sentenza que permite o acceso ás bolsas de traballo de policía local sen a acreditación do perfil B2 de éuscaro, xa que considera que vai contra o dereito da cidadanía a recibir atención nesta lingua.
Fonte: Noticias de Álava
A Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL) convoca unha nova edición dos Premios Mil Primaveras destinados ao recoñecemento de proxectos de posta en valor e fomento do galego.
Fonte: Premios Mil Primaveras
Adega Terras de Bendaña e Adegas Celme recibiron os premios Bacelos de Prata pola súa etiquetaxe e defensa da lingua galega, uns galardóns que chegan así á súa 14ª edición para recoñecer o labor de empresas que apostan polo galego como marca de calidade dos seus produtos.
Fonte: Galicia Confidencial
Subscríbase ao boletín