Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    05 de outubro de 2022

    Estas axudas correspóndense tanto a libro galego traducido a outras linguas como doutras linguas para o galego. En total, repartíronse 152 000 euros entre as editoras que recibirán o apoio económico, dividido en dúas anualidades.

    Fonte: Culturagalega

    05 de outubro de 2022

    Os Premios da Cultura Galega deste ano recoñecen así o labor do académico Manuel González González, director do Dicionario da RAG que conta, ademais, cunha dilatada traxectoria de estudo, defensa e promoción do galego.

    Fonte: Real Academia Galega

    04 de outubro de 2022

    O Consello Consultivo sobre Educación do estado de Oklahoma (EUA) revela que se incrementou o número de alumnas e alumnos que estudan unha lingua indíxena nas escolas públicas.

    Fonte: Tulsa World

    04 de outubro de 2022

    Pamplona acollerá os días 13 e 14 de outubro a sexta edición de Sarean Euskaraz na que participarán máis de 1300 mozas e mozos de 4º da ESO e 1º de Bacharelato. Trátase dunha iniciativa do Goberno navarro para dar a coñecer e impulsar o uso do éuscaro nas TIC e promover a cultura dixital nesta lingua, principalmente, entre a mocidade.  

    04 de outubro de 2022

    A Cooperativa Xarda presenta Na terra fonda, unha serie audiovisual composta de cinco capítulos que pon o foco nos milleiros de microtopónimos que se atopan nos 1720 km que conforman a costa galega.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    04 de outubro de 2022

    Os obradoiros sobre sensibilización lingüística dirixidos a profesionais sanitarios de Cataluña teñen como obxectivo fomentar as boas prácticas na atención aos pacientes no que respecta aos seus dereitos lingüísticos.

    Fonte: Generalitat de Catalunya

    04 de outubro de 2022

    A orixe da nosa lingua guapa é unha curtametraxe de ficción dirixida por Damián Varela e baseada nunha idea de Fina Casalderrey que está dirixida a alumnado de infantil e primaria. Con este proxecto audiovisual a RAG inaugura a sección web Lingua Guapa, onde se irán compilando recursos didácticos e lingüísticos dirixidos á rapazada.

    04 de outubro de 2022

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na entrega da XXVIII edición dos Premios Publicidade en Galego, convocados conxuntamente pola Xunta, o Parlamento de Galicia e o Foro Enrique Peinador, co obxectivo de promover o uso da lingua galega no ámbito publicitario en cumprimento do Plan xeral de normalización lingüística.

    04 de outubro de 2022

    O Goberno de Taiwán apoia a creación de TaiwanPlus, a primeira canle de noticias en lingua inglesa co fin de garantir a proxección internacional deste territorio insular.

    Fonte: REUTERS

    03 de outubro de 2022

    Baixo o lema «Per la nuestra llengua» chega a Fonz a primeira edición do festival Ixufrina Rock, unha iniciativa que xorde co obxectivo de fomentar a lingua aragonesa. Ademais de música, haberá outras actividades como monólogos, maxia ou unha mesa redonda.

    Fonte: Aragón Cultura

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder