O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, presentou no Pazo de San Roque o festival musical Murallón do Son, organizado pola Asociación Festibandeira na comarca do Deza para promover a través de distintas actividades musicais a igualdade, a sostibilidade, as novas músicas en galego, o comercio local e de proximidade e a defensa do noso patrimonio cultural galego.
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
Galiza Nova convoca a primeira edición do seu certame de Tiktok ao abeiro da campaña «O galego vai contigo», co obxectivo de darlle visibilidade á comunidade galegofalante desta rede social e desmontar algúns prexuízos que existen contra o galego.
Fonte: Galicia Confidencial
Oviedo acollerá todos os venres do mes de outubro a representación de catro obras dirixidas ao público infantil e xuvenil finalistas do Premio Nel Amaro de teatro en asturiano.
Fonte: La Nueva España
Co obxectivo de facilitar a aprendizaxe do catalán e mellorar o seu coñecemento, créanse estas dúas webs: Foneticat, para perfeccionar a pronuncia, e Fraseologia, dedicada a frases e expresións populares.
Fonte: Diario de Mallorca
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na presentación da obra Maternidades virtuosas, Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2021, da poeta e ensaísta galega e doutora en Teoría da Literatura na Universidade de Santiago de Compostela María do Cebreiro.
A cidade de Praia, capital de Cabo Verde, será o lugar escollido para celebrar a décima edición do Encontro de Escritores de Lingua Portuguesa. O evento ten como tema “Insularidade e Universalidade na Literatura”.
Fonte: Diplomacia Business
Varios ministerios do Goberno da República de Irlanda anunciaron a creación dun novo programa de cursos de competencia en gaélico irlandés para o funcionariado público.
Fonte: Gov.ie
Intérpretes en lingua de signos denuncian a falta de profesionais no seu sector, a baixa contratación e a carencia dun grao universitario que imparta lingua de signos para interpretar o éuscaro.
Fonte: El Diario
Ikusgela é un proxecto especializado en vídeos explicativos, que se completan con contidos e materiais libres, cuxo obxectivo é incrementar a presenza do éuscaro na rede e completar a Wikipedia nesta lingua.
Fonte: Gobierno Vasco
O Concello de Bueu organiza as xornadas «Bueu e a fala: o galego 3.0», que pretenden ofrecer unha reflexión arredor do emprego do galego nas redes e nos novos medios, así como a primeira edición do certame «Mergullándonos no TikTok», co obxectivo de fomentar o uso desta lingua entre a mocidade aproveitando o éxito desta rede social.
Fonte: Concello de Bueu
Boletín
Subscríbase ao boletín

