Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    13 de outubro de 2022

    Os concellos de Ames, Carballo, Pontevedra, Santiago de Compostela e Teo presentaron a sexta edición de Enreguéifate, un certame que ten como obxectivo promover a regueifa como forma de improvisación oral e para fomentar o uso do galego.  

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    13 de outubro de 2022

    O Concello de Boal (Asturias) acolleu a presentación do Informe lingüístico del Eo-Navia. Sen fronteiras: galego de Asturias, un documento divulgativo que ofrece datos sobre a realidade lingüística e sociolingüística actual desta área.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    13 de outubro de 2022

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na presentación da obra infantil O cabaliño de buxo, un clásico de Xosé Neira Vilas editado pola Editorial Galaxia co apoio da Xunta e que pasa a formar parte da colección infantil e xuvenil Árbore da editorial galega.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    12 de outubro de 2022

    Nun acto en Dharamshala (India), a Rede Internacional polo Tíbet e o Partido Nacional Democrático do Tíbet solicitaron aos líderes do G7 que presionen o Goberno da China para que deteña a opresión contra a lingua e cultura tibetanas no Tíbet.

    Fonte: The Tibet Post

    12 de outubro de 2022

    O Goberno do País de Gales quere reforzar e apoiar as comunidades de fala galesa coa figura dos "embaixadores da lingua" que terán a función de integrar persoas foráneas que decidan instalarse en Gales.

    Fonte: BBC

    11 de outubro de 2022

    A canle de televisión Record TV presentou a campaña "Falamos a mesma Língua" coa intención de reforzar os lazos que unen os diferentes acentos e variedades da lingua portuguesa.

    Fonte: Record TV Europa

    11 de outubro de 2022

    O certame "Tíralle da lingua" está dirixido á comunidade educativa e ten como obxectivo normalizar o uso oral do galego e contribuír a que esta lingua se converta en instrumento normal de comunicación e creación de historias no ámbito educativo.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    11 de outubro de 2022

    A maioría sindical do ensino vasco, así como outras entidades demandan que a futura lei de educación sitúe o éuscaro como lingua de ensinanza e aprendizaxe e apostan por un modelo lingüístico xeneralizado e inclusivo de maneira que se garanta a igualdade e a cohesión social.

    Fonte: Noticias de Gipuzkoa

    11 de outubro de 2022

    Entre as iniciativas destacan, por unha banda, a campaña «Esperant llegint!», pola que se distribuirán libros de autores valencianos en lugares con zonas de agarda (clínicas dentais, notarías...); ou, por outra, a repartición entre os centros educativos de infantil e de primaria dun xogo de cartas para recuperar a tradición dos monstros valencianos da festividade de Todos os Santos.

    10 de outubro de 2022

    O Goberno do País de Gales concede cursos gratuítos de lingua galesa ás persoas novas de entre 18 e 25 anos e a persoal do ámbito educativo co obxectivo de incrementar o número de falantes en todo o País de Gales.

    Fonte: Nation Cymru

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder