Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    04 de xullo de 2022

    O Goberno do Principado porá en marcha a Oficina de Dereitos Lingüísticos que centralizará a xestión de todas as queixas, suxestións ou solicitudes de información ou de asesoramento presentadas pola cidadanía en materia lingüística.

    Fonte: La Voz de Asturias

    04 de xullo de 2022

    Os responsables de Política Lingüística dos gobernos de Baleares, Cataluña e a Comunidade Valenciana reuníronse para abordar, entre outros temas, a necesidade de presentar proxectos conxuntos ao PERTE «Nova economía da lingua», cuxo obxectivo é converter as linguas oficiais en elementos tractores da transformación dixital.  

    04 de xullo de 2022

    A de Santiago de Compostela é unha das nove universidades seleccionadas pola Generalitat de Cataluña nunha proba piloto para potenciar os cursos iniciais da lingua catalá dirixida a estudantes universitarios de programas de mobilidade.

    Fonte: Universidade de Santiago de Compostela

    04 de xullo de 2022

    Falantes de galés en Gales expresaron a súa indignación despois de que unha empresa decidise rexistrar comercialmente a palabra "cariad", que significa "amor".

    Fonte: NZ Herald

    04 de xullo de 2022

    A cidade galesa de Swansea acollerá a segunda edición do Gŵyl Tawe, festival que celebra a música en lingua galesa.

    Fonte: Nation Cymru

    01 de xullo de 2022

    A Coordinadora de Ensino da Lingua Portuguesa en Venezuela retomou as probas de certificación de portugués como lingua estranxeira. Un total de 195 persoas fará o exame en cinco niveis diferentes.

    Fonte: Notícias ao Minuto

    01 de xullo de 2022

    O Museo da Lingua Portuguesa de São Paulo ofrece un intenso programa de actividades de verán para público infantil. Trátase da primeira axenda cultural para crianzas desde que reabriu o museo.

    Fonte: CNN Brasil

    01 de xullo de 2022

    A Rede de Normalización Lingüística do Principado quedou constituída formalmente tras a celebración da súa primeira reunión, á que asistiron representantes dos 21 municipios que contan con servizo lingüístico, así como da Universidade de Oviedo. O obxectivo deste novo organismo é reforzar a coordinación entre a Administración autonómica e os concellos para impulsar o uso do asturiano e do eonaviego.    

    01 de xullo de 2022

    Froito do compromiso entre o Departamento de Cultura e Netflix, a plataforma de vídeo a demanda incorporou a primeira ducia de títulos dos 70 que vai incluír cada ano.  

    Fonte: Generalitat de Catalunya

    01 de xullo de 2022

    A Real Academia Galega, en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela e a Asociación Galega de Onomástica, organiza un congreso internacional sobre a toponimia nos camiños de peregrinación a Santiago de Compostela que se celebrará o vindeiro mes de setembro.

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder