A USC publicou a convocatoria de axudas para a realización de teses de doutoramento en galego ás que poderá acceder o alumnado de programas de doutoramento que redacte e defenda nesta lingua a súa tese.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
A USC publicou a convocatoria de axudas para a realización de teses de doutoramento en galego ás que poderá acceder o alumnado de programas de doutoramento que redacte e defenda nesta lingua a súa tese.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Loa eta Laia é unha serie de debuxos animados dixitais en éuscaro, dirixida a menores de entre 2 e 7 anos, que ten como obxectivo fomentar a lingua, a cultura e os costumes vascos.
Fonte: Noticias de Álava
A Mesa pola Normalización Lingüística denuncia que para oficiar unha voda en galego a única posibilidade é que se celebre en castelán con interpretación simultánea. Isto aconteceu en Vigo cando unha parella solicitou que a súa voda se oficiase en galego.
Con motivo do Mes Nacional da Herdanza Hispana, a Biblioteca do Congreso dos EUA divulgará gravacións de poetas e escritores en lingua mapuche.
Fonte: Prensa Latina
Con máis de 30 libros publicados, Silviano Santiago, ensaísta, tradutor, crítico literario brasileiro de 86 anos, gañou a 34ª edición do Premio Camões, o máis prestixioso da literatura portuguesa.
Fonte: GZH
Algunhas das reclamacións realizadas á empresa Aena son as referidas ao emprego do asturiano nos carteis do Aeroporto de Asturias, así como ao uso da toponimia oficial ou á súa presenza nas campañas informativas.
Fonte: Asturies.com
O proceso participativo do Pacto Nacional pola Lingua recibiu case 2600 propostas para mellorar a situación do catalán, que se distribuíron en doce ámbitos sociais. As melloras no ámbito da educación e a investigación foron as máis demandadas, seguidas polas Administracións públicas e o sector audiovisual.
O galardón de 2022, que concede o Ministerio de Cultura e Deporte, foi para Marilar Aleixandre pola súa obra As malas mulleres. Deste xeito, unha novela escrita en galego gaña por segundo ano consecutivo este premio estatal, o que o converte na lingua máis premiada tras o castelán.
As probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 4, 3 e 2 terán lugar nas fins de semana do 19 e 20 e 26 e 27 de novembro. Así o indica a resolución publicada no Diario Oficial de Galicia (DOG) pola que se fixan as datas de realización das devanditas probas, que se desenvolverán simultaneamente en Santiago de Compostela e Ponferrada.
Con motivo da Feira do Libro de Frankfurt, a Mesa pola Normalización Lingüística participou no evento cultural Beyond Spain en que criticou o "incumprimento sistemático" da escasa lexislación que ampara a lingua galega.
Fonte: Galicia Confidencial
Subscríbase ao boletín