O Concello de Portugalete concederá subvencións a asociacións sen ánimo de lucro do municipio para a realización en 2022 de actividades que se desenvolvan integramente en éuscaro.
Fonte: Ayuntamiento de Portugalete
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
O Concello de Portugalete concederá subvencións a asociacións sen ánimo de lucro do municipio para a realización en 2022 de actividades que se desenvolvan integramente en éuscaro.
Fonte: Ayuntamiento de Portugalete
Esta importante pegada ponse de manifesto nos apelidos da poboación maltesa, xa que entre un 15 e un 30 % son cataláns; nos nomes de paxaros, como demostra o feito de que un 8 % procede tamén desta lingua; ou nos dicionarios de maltés, con presenza de moitas palabras con orixe ou influencia do catalán.
Fonte: El Nacional
As axudas para o fomento do uso da lingua catalá, ás que se destina unha partida de 325 000 euros (110 000 máis que o ano anterior), convócanse anualmente para repartir entre concellos e entidades sen ánimo de lucro que realizasen accións de promoción e impulso social do catalán en Baleares.
Como parte da celebración do Decenio Internacional das Linguas Indíxenas 2022-2032 e do Día Internacional dos Pobos Indíxenas, o Goberno de México impulsou un programa que ten como obxectivo fomentar a lectura e a escritura nestas linguas.
Luke Bishop, un filólogo estadounidense, volve a Galicia en busca de neofalantes, seguindo os seus estudos arredor do galego, despois de completar un mestrado en Lingüística Hispánica na Universidade de Wisconsin.
Fonte: Neofalantes
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e Takekazu Asaka, tradutor do galego ao xaponés e embaixador da lingua en Xapón, presentaron tres das súas obras bilingües en xaponés-galego.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Augúrase que en 2060 Estados Unidos pode converterse no país do mundo con máis falantes nativos de español. No caso de Guinea Ecuatorial, este é o único país en África onde é oficial. Pola contra, en Marrocos apenas o 1 % da poboación sabe falalo e en Filipinas perde forza fronte ao inglés.
Fonte: Fundéu
A asociación a prol da lingua galesa Cymdeithas yr Iaith Gymraeg pediu ao Goberno do País de Gales que todas as escolas poidan ser de inmersión en galés a parir de 2050.
Fonte: Nation Cymru
O ministro de Educación de Estonia, Tõnis Lukas, propuxo unha revisión da política de ensino da primeira lingua estranxeira no país báltico. Até este momento, o ruso é a primeira lingua estranxeira que se ensina nas escolas estonianas mais isto responde, segundo o ministro, máis a un hábito que a unha necesidade.
Fonte: Baltic News Network
O sindicato universitario do Reino Unido UCU lamenta que a Universidade Leeds Beckett decidise pechar todos os estudos de linguas modernas a partir do novo semestre.
Fonte: UCU
Subscríbase ao boletín